Mar e “A Ostreira” exploran posibles vías para impulsar a compeititividade do sector marítimo-pesqueiro

Redacción
Lectura mínima de 1

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes da empresa A Ostreira para analizar os proxectos de futuro da compañía e consolidar as vías de colaboración. Isaac Rosón destacou que empresas especializadas como A Ostreira desempeñan un papel estratéxico e fundamental dentro do complexo marítimo-pesqueiro, actuando como verdadeiros motores de innovación, xeración de emprego e desenvolvemento socioeconómico nas zonas costeiras.

Neste sentido, o director xeral avogou por seguir estreitando a coordinación público-privada como a mellor fórmula para afrontar os retos do mercado, reafirmando o compromiso do Goberno galego á hora de acompañar ao tecido empresarial nos seus plans de expansión e garantir que Galicia siga sendo o gran referente de excelencia a nivel global.

Comparte este artigo