Home Xunta de Galicia Medio centenar de administrativos dos Centros de Saúde da Área Sanitaria de...

Medio centenar de administrativos dos Centros de Saúde da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés actualízanse en trámites de tarxeta sanitaria

- Anuncio -

― Esta formación presencial, celebrada esta mañá no salón de actos do Hospital Provincial, é froito da colaboración entre a Área Sanitaria pontevedresa e a Unidade Provincial de Tarxeta, dependente da Consellería de Sanidade


― Tamén asistiu persoal de servizos xerais (PSX) de concellos da zona norte da provincia, como A Estrada, Silleda ou Valga, pertencentes á Área Sanitaria de Santiago e O Barbanza


― Recibiron actualización e clarexaron dúbidas sobre a asistencia sanitaria para solicitantes de protección internacional ou discrepancias na achega farmacéutica

A ampla casuística dos trámites de tarxeta sanitaria que atenden os centros de saúde, moitas veces de gran complexidade burocrática e que son tramitados despois na Unidade Provincial de Tarxeta Sanitaria -co conseguinte incremento da carga burocrática e demora na xestión-, levou a este departamento dependente do Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria da Consellería de Sanidade en Pontevedra a organizar unhas xornadas formativas en colaboración coa Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

O salón de actos do Hospital Provincial acolleu durante esta mañá unha sesión de catro horas de duración á que asistiu medio centenar de profesionais das categorías de persoal de xestión e servizos (PSX) e grupo auxiliar da función administrativa dos centros de Atención Primaria da Área Sanitaria pontevedresa. A estes sumáronse outros PSX de concellos como de A Estrada, Silleda e Valga, aínda que pertencentes á área de saúde limítrofe de Santiago e O Barbanza, xa que tamén forman parte do ámbito territorial da Unidade Provincial de Tarxeta Sanitaria.

Primeira formación masiva na área norte da provincia
De feito, é a primeira vez que se organiza unha actividade formativa presencial en trámites de tarxeta sanitaria dirixida a un colectivo tan masivo na área norte da provincia de Pontevedra. As encargadas da súa impartición foron as funcionarias Begoña Seoane Sandá e Rosa Pérez Pousa, ambas pertencentes a ese departamento da Consellería de Sanidade, que está ubicado na cidade de Vigo.

Asistencia a solicitantes de protección internacional
Esta xornada estivo centrada, fundamentalmente, na tramitación da asistencia sanitaria para as persoas solicitantes de protección internacional, que acolle un Real Decreto-Ley de 2018 sobre o acceso universal ao Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, abordáronse as discrepancias presentadas polos usuarios en canto á porcentaxe de achega farmacéutica e á súa posibilidade de exención, e tamén variadas tramitacións no aplicativo informático de Tarxeta Sanitaria.

Neste sentido, Begoña Seoane, que é xefa de negociado na Unidade Provincial de Tarxeta, sinala que o obxectivo é axudar aos administrativos dos centros de saúde na súa tarefa diaria e clarexar dúbidas na medida do posible xa que, aínda que teñan moitos anos de experiencia, “cada persoa é unha problemática distinta”.

Así mesmo, os continuos cambios normativos, sumados á substitución dos profesionais fixos de Atención Primaria con persoal novo procedente das listaxes de contratación, fai que en épocas puntuais cheguen á Unidade de Tarxeta expedientes que presentan dificultades na súa tramitación. Aquí cómpre salientar un incremento do volume no caso das solicitudes de asistencia sanitarias por protección internacional, derivado de conflitos bélicos vixentes como a guerra de Ucraína.

Relacionadas

A Xunta destina máis de 257.000€ á renovación da instalación da Protección de Incendios...

0
A plataforma Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en setembro cun prazo de execución...

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Publicacións Relacionadas