Home Allariz-Maceda Allariz Nava Castro destaca en Allariz a aposta orixinal e creativa da Fundación...

Nava Castro destaca en Allariz a aposta orixinal e creativa da Fundación Andante no seu 5º aniversario

- Anuncio -

― Declarada de Interese Cultural Galego desde 2017, conta cunha colección de arte contemporánea composta por máis dun milleiro de pezas de artistas galegos, nacionais e internacionais, algunhas de cuxas obras se poden contemplar estes días nas rúas da vila

― A través de 30 lonas expositivas, a Fundación Andante homenaxea aos artistas que doaron as súas creacións á colección, especialmente os xa falecidos

Visitas guiadas, concertos, cursos de fotografías e incluso actividades deportivas conforman o completo programa do I Encontro da Fundación Andante, que comezou esta tarde en Allariz nun acto que contou coa presencia da directora de Turismo de Galicia.

Nava Castro puido visitar así as preto de 30 lonas expositivas situadas nas rúas da vila coas que a Fundación Andante quere celebrar o seu quinto aniversario ao tempo que saca a rúa o seu maior valor, algunhas das pezas máis singulares da súa colección de arte contemporáneo Andante, composta preto dun milleiro de pezas artísticas de máis de 850 artistas de 25 países, todas doadas polos seus autores e que teñen en común a forma de zapato como elemento vertebrador da colección.

A directora de Turismo puxo en valor a colaboración que o Goberno galego mantén con esta Fundación, declarada de Interese Cultural Galego desde 2017, e a través da que se leva posto en marcha diferente proxectos de alto valor artístico. O último deles foi a mostra fotográfica Andante… Arte a pé do mar, que se desenvolveu o ano pasado no marco do programa O Teu Xacobeo.

Neste sentido, Castro lembro que precisamente a Xunta ten aberto o prazo para presentar proxectos na que será a terceira edición deste programa, o que permitirá levar a celebración do Xacobeo 21-22 por toda Galicia a través de O Teu Xacobeo.

O Encontro Fundación Andante desenvólvese desde hoxe e ata o domingo co obxectivo de homenaxear os artistas que forman parte da colección Andante de arte contemporánea, especialmente aqueles falecidos, entre eles o deseñador Alberto Corazón, creador da obra 500 da colección, ou os galegos Xaime Cabanas, Paco Pestana, Carlos Valcárcel ou Jorge Peteiro, entre outros.

Relacionadas

A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª Edición...

0
― A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través...

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

O alcalde eloxia a traxectoria de Roberto Verino e subliña a súa condición de...

0
Pérez Jácome participou no acto de remate da exposición retrospectiva dos seus 40 anos, na Sala Valente O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu...

Publicacións Relacionadas