Home Xunta de Galicia O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento informa de xeito favorable...

O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento informa de xeito favorable o Plan Anual 2025 da Cooperación Galega

- Anuncio -

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presidiu hoxe a reunión do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode), na que se presentou e informou favorablemente o Plan anual 2025 da Cooperación Galega, que contará cun orzamento de 9,8 millóns de euros, un 10,35% máis que o Plan de 2024.

O Congacode é o órgano asesor e de coordinación da cooperación galega no que están representados a Administración autonómica, as ONGD e o resto dos axentes galegos de cooperación.

Neste Plan anual 2025, enmarcado no V Plan Director da Cooperación Galega 2023-2026, recóllese a publicación das convocatorias plurianuais de subvencións para proxectos de cooperación no exterior e outros axentes de cooperación, para programas de cooperación no exterior, para proxectos e creación de grupos de investigación desenvolvidos polas Universidades e centros de investigación e de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, así coma as anuais de acción humanitaria e de microproxectos e a de 6 bolsas de formación para persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

Ademais, neste 2025 manterase a liña financeira para axuda humanitaria ou de emerxencia co obxectivo de dar resposta por parte da Xunta cando se produza un chamamento internacional por mor dunha catástrofe ou crise humanitaria. Nesta liña, está prevista a sinatura de convenios coas ONGD Farmamundi e Asociación Solidariedade Galega con Pobo Saharauí (Sogaps), así como cos Comités españois das Axencias das Nacións Unidas, ACNUR, UNRWA e Unicef entre outras organizacións.

No ámbito da educación para o desenvolvemento e do fortalecemento do sistema galego de cooperación, o Plan 2025 recolle a sinatura de convenios con organizacións como a Coordinadora Galega de ONGD; o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade; así como as ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz, para dar continuidade ao programa que se enmarca no Plan Proxecta: Activistas polo mundo que queremos.

Por outra banda, na reunión tamén se deu conta das actuacións levadas a cabo no marco do Plan anual 2024 da Cooperación galega, que contou cun orzamento inicial de 8,9 millóns de euros e tivo un grao de execución dun 100%, así como das actuacións levadas a cabo ao longo do ano por outros departamentos da Xunta no ámbito da cooperación para o desenvolvemento.

Relacionadas

A Xunta presenta a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e avanza na súa execución...

0
As entidades locais poderán solicitar en febreiro achegas de ata 60.000 euros para impulsar refuxios climáticos a nivel local, aumentar a biodiversidade dos espazos...

A Xunta aposta pola mocidade para celebrar o Día Europeo do 112 cunha xornada...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa nas actividades organizadas no Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro, onde incidiu na...

A vicesecretaría de Educación do PP de Ourense analiza a situación actual e retos...

0
A vicesecretaría de Educación do Partido Popular de Ourense mantivo unha reunión de traballo, na sede provincial dos populares, co responsable Educación, Ciencia, Universidades...

A Xunta renova o seu apoio ao Festival Internacional de Animación ‘Imaxinaria’ que organiza...

0
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, reuniuse hoxe coa coordinadora da Área de Cultura de Afundación, María Teresa Cores, e...

Xosé Merelles analiza mañá co presidente da Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse esta mañá co presidente da Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedra (Feprotur), César...

A Xunta prevé estender este ano a un milleiro de establecementos o proxecto piloto...

0
― José González destacou que esta iniciativa é pioneira a nivel estatal e que se está a estender tamén á electricidade e á telefonía...

Publicacións Relacionadas