O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu hoxe ao Leyma Básquet Coruña tras acadar onte o seu ascenso á Liga ACB.

Redacción

O titular do Executivo galego encomiou o esforzo amosado por equipo e corpo técnico tanto durante a tempada regular como na Final Four celebrada esta fin de semana no Coliseum da Coruña, da que resultaron gañadores. O presidente tamén tivo palabras para a directiva e para a afección do club, que non deixou de crer. Por último, Rueda salientou que con este ascenso Galicia consolida o gran momento do seu deporte, tamén no baloncesto, con tres equipos galegos que xogarán na máxima categoría masculina e outros tres na feminina. “Imos presumir o vindeiro ano, que é o gran ano de Galicia, o ano Xacobeo, do que ides facer en ACB grazas ao voso esforzo”, afirmou.

Comparte este artigo