En vindeiras datas vaise convocar gradualmente e vía SMS telefónico personalizado a 191 traballadores da confraría de Lourizán, 305 efectivos da confraría de San Telmo e 84 compoñentes da confraría de Raxó
A Administración Sanitaria Pública Galega contempla que esta actividade efectúese de xeito diario en quendas de maña e tarde tanto na carpa COVID Auto coma no punto de extracción de probas emprazado ao fondo do aparcamento lateral exterior do Hospital Provincial de Pontevedra
Dada a incidencia de casos da COVID 19 no colectivo profesional de marisqueo da ría de Pontevedra, o Servizo Galego de Saúde decidiu o inicio na capital da provincia de cribados preventivos mediante PCR a un grupo de 580 efectivos das confrarías de Lourizán en Pontevedra, así coma San Telmo e Raxó en Poio, co obxectivo de determinar preventivamente as posibles infeccións por coronavirus entre estes traballadores.
A Administración Sanitaria Pública Galega contempla que esta actividade preventiva, enmarcada nas estratexias de control da situación epidemiolóxica, se efectúe de xeito diario en vindeiras datas pola maña e pola tarde tanto na carpa COVID Auto con acceso pola rúa Joaquín Costa coma no punto de extracción de probas emprazado ao fondo do aparcamento lateral exterior do Hospital Provincial de Pontevedra, con acceso pola rúa Loureiro Crespo.
Á dita iniciativa preventiva vaise convocar gradualmente e vía SMS telefónico personalizado a 191 profesionais do marisqueo da confraría de Lourizán, 305 efectivos da confraría de San Telmo e 84 compoñentes da confraría de Raxó.
Proceso das mostras e notificación de resultados
Todas as mostras tomadas con PCR ao colectivo profesional de marisqueo da ría de Pontevedra procesaránse no servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o resultado sexa negativo. No caso de resultar positivo, esta notificación comunicaráse de xeito individual a cada traballador.