Pablo Fernández tomou posesión como novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, en substitución de Javier Arias. Fíxoo en presencia do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González.
Enxeñeiro industrial, fundou e traballou nun estudio de enxeñaría, presidiu a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra e foi concelleiro desta cidade entre os anos 2011 e 2015, e do 2019 a 2023. Desde hai dous anos exercía como secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais.
Na súa intervención, o novo delegado agradeceu “a confianza depositada nel e asegurou que traballará para manter a colaboración con todos os concellos da provincia”.

