Home Xunta de Galicia Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo rural e a prosimidade...

Román Rodríguez destaca a aposta da Xunta polo rural e a prosimidade do ensino con exemplos como a ampliación do Instituto de Salceda de Caselas

- Anuncio -

— O conselleiro de Educación comproba o resultado da obra, cun investimento de 3,3M€, grazas á que se puido implantar o Bacharelato neste concello, evitando o desprazamento de alumnos


— Destaca o modelo educativo galego como un sistema de proximidade no que os resultados do alumnado do rural e do urbano son idénticos


— Sinala este como un dos 43 centros que a Xunta está a ampliar ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cun investimento de 68M€

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial, Ana Ortiz, destacou hoxe a aposta da Xunta pola proximidade dos servizos educativos. Fíxoo nunha visita ao Instituto IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas, onde o seu departamento vén de acometer unha obra de ampliación por máis de 3,3M€.

Tal e como explicou o conselleiro, a ampliación deste centro tivo como obxectivo fundamental implantar o Bacharelato neste concello. Antes os rapaces tiñan que desprazarse a Porriño e Tui para cursalo, pero agora xa poden cursar os dous anos destas ensinanzas no instituto de Salceda de Caselas.

Román Rodríguez sinalou o ensino rural como un dos sinais de identidade do ensino galego. “O noso é un modelo educativo de proximidade, no que facemos un investimento moi superior ao do ensino urbano debido á dispersión xeográfica da nosa poboación”, explicou. “Actuacións coma esta contribúen a seguir mellorando o servizo educativo no rural galego, reforzando un sistema equitativo de distrito único, no que os resultados dos alumnos do rural e do urbano son idénticos”, afirmou.
O titular do departamento educativo da Xunta recordou que o Instituto IES Pedras Rubias é un dos 43 centros que o Goberno galego está a ampliar ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, cun investimento total de 68M€ para atender as necesidades de matrícula e de formación do alumnado. Este orzamento supón case a cuarta parte do investimento deste plan no período 2021/2024, que ascende a máis de 278M€ en case 2.700 obras para modernizar e mellorar as instalacións dos centros.
1.600 m² de nova superficie
Para dotar o centro dos espazos necesarios construíuse unha nova superficie útil de arredor de 1.600 m², distribuídos en dúas plantas e unha pasarela de unión co edificio existente. A área docente está dotada de oito aulas, dous departamentos, un laboratorio, así como un espazo para polo creativo. O novo espazo conta tamén con acceso propio por medio dunha zona cuberta.

O edificio está preparado para a produción de enerxía renovable, por medio de paneis solares fotovoltaicos, caldeiras de biomasa e acumuladores térmicos, fomentando o aforro enerxético e reducindo as emisións.

Relacionadas

López campos gaba o enorme talento e creatividade a través do galego do alumnado...

0
— Salienta que o audiovisual é unha “ferramenta imprescindible” da que a Xunta tirará proveito para aumentar o prestixio e o emprego da nosa...

A Xunta pon en valor o aval de expertos xuristas á tramitación ambiental dos...

0
― Ángeles Vázquez salienta a necesidade de desbloquear o desenvolvemento desta enerxía renovable para cumprir os obxectivos marcados pola UE para descarbonizar o sistema...

A Xunta colabora na edición dun libro que recolle as vivencias personais de doce...

0
- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria estivo presente no acto de entrega dos exemplares a cada un dos protagonistas - Este proxecto...

Turismo promociona en Bilbao a proposta urbana con ‘De Tapas por Galicia’ para incrementar...

0
— O ano pasado, o mercado vasco situouse en 269.000 visitantes que fixeron 2,1 millóns de noites, o que supón crecementos dun 7% e...

A Xunta avalía na Mesa do Emprego Autónomo a nova orde unificada con 40...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presidiu esta tarde unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, onde...

A Xunta destaca a proactividade e o compromiso de Galicia na prevención de riscos...

0
― José González subliñou o papel activo da comunidade galega na representación das autonomías durante a negociación da Estratexia Española de Seguridade e Saúde...

Publicacións Relacionadas