Román Rodríguez felicita ao equipo de arqueólogos polo traballo desenvolvido de Cerdedo-Cotobade

adminON
Lectura mínima de 1

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse hoxe co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e co responsable de Árbore Arqueoloxía, Benito Vilas, firma encargada dos últimos proxectos arqueolóxicos desenvolvidos neste concello pontevedrés.

O titular do departamento de Cultura da Xunta coñeceu os detalles dos traballos Castro de Cividá e o petróglifo de Pedra dos Mouros e felicitou o equipo de arqueólogos polo seu labor en prol da conservación e posta en valor nestes bens. Así mesmo, agradeceu ao Concello a súa implicación na preservación do patrimonio cultural municipal.

Comparte este artigo