Free Porn
xbporn
Home Baixo Miño A Guarda Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega de xuño ata...

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega de xuño ata setembro

- Anuncio -

O Monte Santa Trega é o recurso máis destacado da Guarda polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos e o Padroado Municipal de Santa Trega ofrece unha temporada máis as visitas guiadas ao Castro Santa Trega para que os visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte.

No verán de 2023 superáronse as 4.000 persoas que realizaron a visita guiada centrada no Castro de Santa Trega. Isto supón un incremento con respecto a anos anteriores, asegurando a oferta destas visitas guiadas na programación de xuño a setembro.

O punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal e a visita recorre menos de 1 km polas diferentes áreas escavadas durante os últimos cen anos, incluíndo a zona norte coas vivendas reconstruídas e a muralla ata a zona de Mergelina, na ladeira ao río Miño. Sempre é interesante completar esta actividade coa visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Os meses de xuño e setembro adoitan ser datas preferentes para visitas guiadas concertadas para grupos e escolares polo que a visita guiada regular nestes meses será as fins de semana ás 12:00h.

Para os meses de maior afluencia, xullo e agosto, amplíase a oferta con visitas de martes a domingo e 4 quendas ao día (12:00, 13:00, 18:00 e 19:00h). Deste xeito, os visitantes interesados terán a oportunidade de coñecela cultura castrexa e a nosa paisaxe.

Estas visitas guiadas non precisan reserva previa e son gratuítas pero aqueles que accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán abonar o prezo público.

A novidade desta temporada é a visita nocturna de Historias e petróglifos que se realizará cada martes dos meses de xullo e agosto. A proposta é dar a coñecer as lendas e historias percorrendo a área norte do castro e que incluirá a visita ao petróglifo Laxe Sagrada e mapa. O punto de encontro é o mesmo, o aparcadoiro da Casa Forestal, pero para esta visita nocturna si é preciso realizar inscrición previa. A apertura das inscricións será o xoves anterior e tramitarase desde o MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega, no WhatsApp 690 01 70 38 para 4 persoas máximo por petición ou unidade familiar.

Para calquera dúbida poden consultar directamente no Museo Arqueolóxico no tel. 690 01 70 38 ou un mail a masat@aguarda.es.

  • Contacto: Rosalía Verde Pérez no tel. 620795901 ou mail a turismo@aguarda.es
  • En redes sociais empregarase os seguintes hashatag: #AGuarda #TurismoAGuarda #MonteSantaTrega #CastroSantaTrega #Visitasguiadasveran

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas