Rueda aposta por reforzar os valores do diálogo, a hospitalidade e a estabilidade para facer fronte aos desafíos actuais

adminON
Lectura mínima de 2

 Resalta o compromiso do Executivo autonómico coas políticas centradas nas persoas, poñendo como exemplo a gratuidade do ensino desde a escola infantil ata a universidade


 Lembra o carácter acolledor da Comunidade, que ve “unha sorte e non unha ameaza” na afluencia de visitantes

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de reforzar os valores do diálogo, a hospitalidade e a estabilidade para facer fronte aos desafíos actuais nun mundo cada vez máis global e interconectado.

Durante a sesión inaugural do Foro La Toja, Rueda asegurou que este é o camiño que marca o labor diario da Xunta, apuntando que o Goberno galego está comprometido con facer unha política centrada nas persoas. Neste eido, puxo como exemplo que Galicia “é a primeira comunidade autónoma onde a educación pública é absolutamente gratuíta” desde a escola infantil ata a universidade, “primando a cultura do esforzo”.

Do mesmo xeito, lembrou o carácter acolledor da comunidade, que ve na afluencia de visitantes “unha sorte e non unha ameaza”.

Ademais, Rueda defendeu un modelo de política no se que aposte polo achegamento de posturas, sinalando que “o valor da palabra dada, o rigor na xestión pública e o escoitar a todo o mundo” son parte do carácter dos galegos.

Comparte este artigo