Rueda destaca a aposta da Xunta pola prevención, o diagnóstico áxil e a innovación na loita contra o cancrodestaca

adminON
Lectura mínima de 2

Apuntou que Galicia é referente en oncoloxía grazas ás medidas adoptadas pola Administración autonómica

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a importante aposta do Executivo galego pola prevención, o diagnóstico áxil e a innovación orientados a loitar contra o cancro. Foi na 9ª Gala Solidaria organizada polo Grupo Hotusa a beneficio da Asociación Española contra o Cancro celebrada na Toxa, onde Rueda destacou o espírito da man tendida que caracteriza á Asociación, así como o apoio fundamental que representa para os doentes e os seus familiares.

Ademais, o titular do Executivo galego puxo en valor a calidade do sistema sanitario galego e dos seus profesionais e reafirmou o papel da Xunta para continuar a reforzar a loita contra o cancro, convertendo a Galicia nun referente en oncoloxía.

O Goberno galego vén implementando nos últimos anos melloras na prevención e diagnóstico dos pacientes con cancro, sendo pioneiros en materia de cribados –aos que os orzamentos da Xunta para este ano destinan 2,6M€– e poñendo en marcha programas referidos ao de mama, de colon, cérvix, pulmón e próstata. Así mesmo, a innovación tamén xoga un papel fundamental na investigación, un eido no que a comunidade destaca coa posta en funcionamento do centro de terapias CAR-T e o avance no centro de protonterapia.

Comparte este artigo