Home A Coruña Rueda destaca á hostalaría galega por ofrecer experiencias innovadoras que contribúen a...

Rueda destaca á hostalaría galega por ofrecer experiencias innovadoras que contribúen a consolidar Galicia como Destino Turístico de Calidade

- Anuncio -

— Resalta o papel do sector para que a comunidade siga a bater este ano récords histórico de visitantes

— Subliña que, no que vai de ano, Galicia xa rexistrou 1,5 millóns de visitantes e 180.000 compostelas entregadas, un 20% máis que no mesmo período de 2022

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou esta tarde o compromiso da hostalaría galega por ofrecer experiencias innovadoras que contribúen a consolidar Galicia como destino de calidade. Subliñou que si Galicia segue a bater récord de cifras no eido turístico é grazas a iniciativas que apostan “pola excelencia” e se “adaptan ás novas demandas dos viaxeiros” como o aloxamento Retiro da Costiña Wellness&Villas que hoxe se inaugurou en Santa Comba.

Rueda salientou que este novo proxecto turístico -inspirado nos antigos castros e que combina aloxamento con experiencias gastronómicas- ofrece todo o que buscan os turistas de hoxe en día e polo que cada vez máis viaxeiros elixen Galicia como destino: tranquilidade, contacto coa natureza, experiencias e poder desfrutar de patrimonio natural ou cultural da contorna.

O presidente destacou que “Galicia senta ben, Galicia está de moda” e non se trata dunha “moda pasaxeira” como demostran os últimos datos do sector turístico. Se a comunidade pechou 2022 con récord histórico de visitantes -ao chegar aos 6,5 millóns-, xa leva 1,5 millóns de turistas no que vai de ano e entregáronse unhas 180.000 compostelas, o que supón un 20% máis que no mesmo período de 2022.

Rueda agradeceu ao sector da hostalaría o seu compromiso e traballo para consolidar Galicia como destino de referencia e xerar riqueza e emprego na contorna, en moitos casos dinamizando zonas do rural a través do turismo.

Relacionadas

Telefónica deixa incomunicadas a decenas de vivendas en Nós

0
Atendendo ás demandas veciñais, o Concello volveu reclamar á empresa Telefónica a instalación do servizo de fibra na rúa da Veiga e en parte...

O pan e o colectivo das panadeiras, protagonistas dun novo mural de Carral

0
· A artista Cecilia Salinas está traballando, esta semana, no muro, sito a escasos metros do Campo da Feira. A Festa do Pan de Carral...

O ‘Bergondo en feminino’ celebra o seu quinto aniversario con tres novas roteiros e...

0
· Esta inicitiva busca rescatar a historia de bergondesas pioneiras, e en moitos casos esquecidas, que batallaron para abrir o camiño para gozar da...

Gonzalo Castro reivindica a defensa da democracia e dos dereitos humanos no Día de...

0
O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade visitou xunto ao delegado e á subdelegada do Goberno a Casa Museo Casares Quiroga O concelleiro da...

En marcha: Programa de ocio alternativo para a mocidade do Concello de Ribeira

0
O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, e a concelleira de Xuventude, Antía Alberte, presentaron hoxe o programa de ocio alternativo para a mocidade de...

O Concello de Fene abre este xoves o prazo de preinscrición para os campamentos...

0
Fene contará este ano con 6 prazas para a segunda quenda dos Campamentos de verán da Deputación da Coruña, que se desenvolverá do 30...

Publicacións Relacionadas