Home Xunta de Galicia Rueda destaca o compromiso da xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar...

Rueda destaca o compromiso da xunta coa investigación sanitaria ao case triplicar o investimento neste eido desde 2020

- Anuncio -

— Os orzamentos deste ano reservan 6,3 M€ a este eido, un 10% máis que no 2023

— Salientou que a investigación é fundamental para seguir avanzando na medicina e mellorar a atención e calidade de vida dos pacientes a través de novas terapias, melloras na diagnose ou nas cirurxías.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno autonómico coa investigación sanitaria, eido ao que se reservan nos orzamentos deste ano 6,3 millóns de euros, é dicir, case o triplo que no 2020, cando se destinaron 2,3 millóns e un 10% mais que no 2022. “A sanidade supón case a metade dos recursos públicos que pagan os galegos e galegas cos seus impostos”, salientou.

Durante a súa intervención na entrega do V Premio Internacional Ramiro Carregal de Cardioloxía, referiuse a este último como “mecenas incansable” e salientou que a investigación é fundamental para seguir avanzando na medicina e mellorar a atención e calidade de vida dos pacientes a través de novas terapias, melloras na diagnose ou nas cirurxías.

Rueda agradeceu o gran labor que realizan milleiros de investigadores coma Ana Belén Cid, a premiada desta quinta edición polos avances nunha cirurxía para tratar unha das insuficiencias cardíacas máis habituais nos maiores de 75 anos. “Se temos unha magnífica sanidade é porque temos uns magníficos profesionais”, destacou.

Galicia é unha comunidade referente no eido da cardioloxía, posto que foi pioneira ao poñer en marcha o Programa galego de atención ao infarto en 2005 que permite reducir o tempo no que o paciente chega a sala de hemodinámica. Ademais, no 2015 creouse o Rexistro galego de infarto de miocardio para analizar as características clínicas dos afectados; o Sergas conta con seis completas salas de hemodinámica nos hospitais e no 2023 Galicia rexistrou o seu mellor tempo de resposta ante un infarto: 97 minutos desde a realización do electrocardiograma ata a apertura da arteria responsable do infarto.

“Galicia ten unha enorme sorte e creo que todos os recursos públicos manexados con sentidiño, por moi cuantiosos que sexan, nunca serán suficientes para agradecer o labor que fan”, finalizou.

Relacionadas

A Xunta inicia en Valdeorras a Primavera de portas abertas nas rutas dos...

0
O director de Turismo Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe en Valdeorras na inauguración da Primavera de portas abertas que a Xunta leva a cabo...

O turismo galego medra un 12% nos tres primeiros meses do ano consolidando así...

0
O turismo galego continúa consolidando a súa desestacionalización, como demostran os resultados feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE) que indican que no...

Os centros de saúde e os hospitais da Área Sanitaria conciencian sobre a importancia...

0
Os centros asistenciais de Pontevedra e O Salnés realizaron hoxe diversas actividades divulgativas con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans, unha iniciativa...

A Xunta de Galicia concluirá este verán as obras de mellora da rede de...

0
 Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer...

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Publicacións Relacionadas