Rueda reivindica o xornalismo DE PROXIMIDADE como garantía da calidade democrática

Redacción
Lectura mínima de 2
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Goberno galego, asiste á XXXIII edición do Premio Xornalístico Puro Cora. Planta Impresión El Progreso (Lugo), 16/04/26.
  • Sinala que, nun escenario marcado polas novas tecnoloxías, o “vello oficio” de contrastar e preguntar é “máis imprescindible que nunca”
  • Define ao galardoado como un “documentalista que toma nota do seu tempo” e loa a  súa capacidade para conectar coas preocupacións reais da xente
  • Destaca a traxectoria do Grupo El Progreso como “unha testemuña privilexiada de como foi cambiando Galicia” e subliña que representa o selo ‘Galicia Calidade’

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe o papel fundamental do xornalismo como un piar imprescindible para defender a calidade democrática e o dereito da cidadanía a recibir información contrastada. Durante a súa intervención na entrega do XXXIII Premio Puro Cora, que este ano recaeu no xornalista Rafa Cabeleira, Rueda salientou que, nun momento de cambios profundos impulsados polas novas tecnoloxías, o xornalismo profesional é “máis imprescindible que nunca”. Neste sentido, instou a protexer o “vello oficio” de preguntar, escoitar e contrastar.

En referencia ao galardoado, o responsable do Executivo autonómico destacou tanto a súa calidade literaria como a súa capacidade para conectar coas preocupacións reais da xente. Así, definiuno como un “documentalista que toma nota do seu tempo” sinalando que Rafa Cabeleira explica “maxistralmente”  o pequeno para “entender o máis grande, o máis global, que non ten por que ser máis sinxelo”.

O xornalismo como piar democrático

O titular do Executivo galego fixo un recoñecemento especial a quen outorga este recoñecemento, o Grupo El Progreso, fundado hai case 120 anos por Purificación de Cora  como “unha testemuña privilexiada de como foi cambiando Galicia”.

Para o presidente, esta cabeceira e o seu grupo son un exemplo do selo “Galicia Calidade”, ao representar un compromiso constante coa información local, subliñando que as persoas que nel traballan son un exemplo do “talento e profesionalidade que atesoura esta terra”. Nesta liña, subliñou que os xornais locais son “algo máis que un medio de información”.

Comparte este artigo