Turismo de Galicia destina máis de 300.000 euros a accións promovidas por asociacións de Amigos do Camiño

Redacción
Lectura mínima de 2

Esta iniciativa reforza as relacións coas asociacións vinculadas á ruta xacobea e o compromiso coa preservación e proxección internacional do itinerario de peregrinación

O Diario Oficial de Galicia publicou este luns a convocatoria de axudas dirixidas ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e outras entidades sen ánimo de lucro que busquen a promoción da Ruta Xacobea e da súa peregrinación durante o ano 2026. O prazo remata o 20 de maio.

A convocatoria forma parte das liñas de actuación impulsadas por Turismo de Galicia, nas que destacan a promoción da cultura xacobea e o coidado e difusión das distintas rutas do Camiño de Santiago.

As solicitudes deberán presentarse, de maneira obrigada, por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cada entidade poderá presentar un único proxecto individual. O orzamento total da convocatoria é de 300.000 euros, cun máximo de 10.000 euros por entidade.

Esta iniciativa reforza as relacións coas asociacións vinculadas ao Camiño e o compromiso coa preservación e proxección internacional do Camiño de Santiago, consolidando unha rede de colaboración clave para o desenvolvemento das rutas xacobeas.

As bases da convocatoria están dispoñibles na sede da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, concretamente, na páxina web institucional de www.turismo.gal

Comparte este artigo