Os mozos galegos residentes no exterior teñen ata o 29 de maio para presentar as súas solicitudes
Turismo de Galicia lanzou este luns no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de bolsas para o curso 2026/27, dirixidas a persoas galegas residentes no estranxeiro e interesadas en formarse no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG).
Coa iniciativa, a Xunta de Galicia aposta pola formación de calidade, favorecendo a volta do talento galego a Galicia e ofrecendo aos participantes unha posibilidade de encamiñar o seu futuro profesional no sector turístico y gastronómico. Convócanse un total de 10 axudas: cinco para o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e cinco para o Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería.
Ofértase un desconto do 80% na matrícula do alumnado de nova adxudicación e unha aportación de ata 1.500 euros para cubrir o desprazamento ata Santiago de Compostela, aloxamento inicial, seguro médico e outros gastos durante o comezo da estancia.
Poderán beneficiarse mozos e mozas con nacionalidade española que teñan entre 18 y 30 años. Deberán recoñecerse un mínimo de dous anos de residencia fora de España e ter unha vinculación con Galicia que poida acreditarse, por exemplo por nacemento, residencia previa continuada durante dez anos ou ser descendente dunha persoa galega.
Os candidatos terán que cumprir cos requisitos académicos e de admisión do programa formativo elixido. Para o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras será necesario solicitar a preadmisión e ter o título de bacharelato homologado. Pola contra, para a beca do Curso Superior de Chef de Cociña e Pastelería soamente requírese a admisión previa.
Ademais, os beneficiarios deberán cursar os estudos de forma presencial, manter o rendemento académico e cumprir coas condicións establecidas. As solicitudes deben presentarse de forma electrónica antes do 29 de maio de 2026.

