Turismo de Galicia reforza a colaboración coas cinco Rutas do Viño coa promoción do enoturismo galego nos mercados internacionais

Redacción

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, tivo un encontro hoxe con representantes das asociacións das Rutas do Viño de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras co obxectivo de facer balance das accións desenvolvidas e avanzar en novas liñas de colaboración para impulsar o enoturismo na comunidade, así como o reforzo aos programas e iniciativas levadas a cabo polas cinco entidades.

Durante a xuntanza, analizouse a evolución do enoturismo en Galicia tendo en conta que a 15ª Edición da Primavera de Portas Abertas, celebrada durante os meses de xuño e xullo, tivo cun balance moi positivo por parte de todas as rutas participantes. Paralelamente, abordáronse posibles accións de promoción conxunta entre Turismo de Galicia e as Rutas dos Viños para fortalecer este produto turístico, co propósito de reforzar a súa presenza nas accións turísticas de Galicia e avanzar no crecemento da súa proxección en mercados internacionais estratéxicos.

Comparte este artigo