Home Xunta de Galicia Un total de 1.250 alumnos benefícianse este outono dos campamentos de inglés...

Un total de 1.250 alumnos benefícianse este outono dos campamentos de inglés da Xunta con apoio de profesorado nativo e gratuítos para as famillias

- Anuncio -

— Román Rodríguez destaca a importancia da DigitalWeek para mellorar competencias fundamentais para o futuro como son dixitais e de coñecemento de idiomas


— Esta semana participan na estadía alumnos de Boiro, Melide, San Amaro, Moaña, Meaño, Redondela e Vigo


— Esta acción engádese á Springweek e as estadías lingüísticas no estranxeiro do verán que desenvolve o Goberno galego

Un total de 1.250 alumnos de toda Galicia participan este outono nos campamentos de inglés Dixitalweek da Xunta de Galicia, que son totalmente de balde para as familias. O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, puxo en valor este tipo de iniciativas para achegar, desde unha perspectiva práctica, aos rapaces a dúas das habilidades que máis van necesitar para o seu futuro: as competencias dixitais e as de comunicación en linguas estranxeiras.

Acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe aos alumnos que están participando na estadía, unha acción dirixida a rapaces de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO que se desenvolve en quendas dunha semana de duración entre outubro e decembro e que conta co apoio de profesorado nativo en inglés.

O titular do departamento educativo da Xunta puxo en valor este tipo de iniciativas para achegar, desde unha perspectiva práctica, aos rapaces a dúas das habilidades que máis van necesitar para o seu futuro: as competencias dixitais e as de comunicación en linguas estranxeiras.

Tal e como explicou o conselleiro, estas estadías enmárcanse en dúas das principais follas de ruta en materia educativa da Xunta, a Estratexia galega de linguas estranxeiras, Edulingüe2030, e a Estratexia para a Educación Dixital 2030. “Traballamos en políticas educativas que favorezan a igualdade de oportunidades no acceso a este tipo de experiencias, cuxo custo asume a Xunta de Galicia, coa finalidade de mellorar as competencias fundamentais para o desenvolvemento do alumnado”, afirmou o conselleiro.

Actividades prácticas
Esta semana gozan da estadía 94 alumnos de 6º de Primaria de sete centros educativos, en concreto dos colexios CEIP Plurilingüe Praia Xardín (Boiro), CEIP de Melide Nº 1 (Melide), CEIP Plurilingüe Lansbricae (San Amaro), CEIP Plurilingüe de Tirán (Moaña), CEIP de Coirón-Dena (Meaño), CEIP Plurilingüe da Igrexa-Chapela (Redondela) e CEIP Plurilingüe Paraixal (Vigo).
Durante a estadía, os rapaces participan en tres obradoiros diarios, en horario de mañá e de tarde, con actividades de robótica, deseño e impresión 3D, así como elaboración e deseño de páxinas web. Todos os obradoiros desenvólvense en lingua inglesa e de xeito maioritariamente práctico.

O alumnado comparte talleres cos outros centros educativos o que garante, ademais, a socialización entre o alumnado nesta lingua estranxeira.

QUENDA DATAS CURSO
1ª quenda 6-12 outubro 2024 6ºEP
2ª quenda 13-19 outubro 2024 6º EP
3ª quenda 20 – 26 outubro 2024 6º EP
4ª quenda 27 outubro- 2 novembro 2024 1º de ESO
5ª quenda 3 – 9 novembro 2024 2º de ESO
6ª quenda 10 – 16 de novembro 2024 3º de ESO
7ª quenda 17 – 23 novembro 2024 4º de ESO
8ª quenda 24 – 30 novembro 2024 3ºe 4º de ESO
9ª quenda 1 – 7 decembro 2024 1º e 2º de ESO
10ª quenda 8 – 14 decembro 2024 6º de EP
Tres estadías ao curso
Desenvolvida no outono, a Digitalweek é a primeira das estadías para a mellora das competencias lingüísticas que o departamento educativo da Xunta vai organizar ao longo deste curso 2024/2025. A Springweek, tamén co apoio de docente nativos e para alumnos de 6º de Primaria e os catro cursos da ESO, chegará na primavera, centrada en temáticas de interese cultural, social, artístico e ambiental.

Finalmente, a Consellería convoca todos os anos as estadías lingüísticas do verán, para alumnado de Bacharelato, nas que o Goberno galego subvenciona entre o 92% e o 62% do custo das estancias dos estudantes en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña.

Relacionadas

José González destaca o compromiso da Xunta coa comunidade galega en Suíza e realza...

0
― Remarcou a implicación da Xunta cos galegos do exterior, uns días despois de pedir ao Goberno de España que elimine as desigualdades que...

Rueda destaca o compromiso da Xunta cos novos creadores e con impulsar proxectos culturais...

0
— Asegura que ferramentas coma as residencias artísticas son “motores” para garantir “o futuro” do sector cultural — A Xunta poñerá en marcha nos vindeiros...

Galicia aposta por dar máis vos ás rexións no proceso lexislativo comunitario para que...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE asistiu en Varsovia á 11ª Conferencia sobre a Subsidiariedade do Comité Europeo das Rexións —Jesús...

Rueda destaca a figura de Antonio Palacios coma embaixador de Galicia a través do...

0
— Resalta que sempre “exerceu e reivindicou a súa condición de galego” — Salienta a importancia da arquitectura que crea “a identidade” e dá “carácter”...

Medio Rural inclúe nos orzamentos de 2025 máis de 4 M€ en investimentos en...

0
― Máis da metade dos fondos comprometidos e orzamentados (2,5 millóns de euros) destinaranse ao edificio de servizos integrados da Consellería en Lalín ― Ademais,...

A Xunta fai fincapé na importancia de dar maior visibilidade e informar sobre o...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou hoxe nas oitavas xornadas ‘Ti tamén formas parte do TDAH’, organizadas pola Asociación TDAH...

Publicacións Relacionadas