Villaverde ensalza a calidade dos produtos pesqueiros locais na XXIV Xuntanza de Confraternidade do Porto do Son

Redacción
Lectura mínima de 1

A conselleira do Mar participou na XXIV edición deste tradicional xantar, unha cita consolidada e fortemente vencellada ao mar que reúne á veciñanza e ás autoridades

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe á XXIV Xuntanza de Confraternidade organizada polo Concello do Porto do Son. Este tradicional xantar, celebrado na zona portuaria e na que tamén participou o alcalde sonense, José Luis Oujo, serve como espazo de encontro para a veciñanza, a corporación municipal e distintas autoridades, constituíndo un evento de carácter social profundamente ligado ás actividades pesqueiras da vila.

Durante a xuntanza, a responsable autonómica puxo en valor o traballo diario das confrarías, das persoas do mar e das empresa transformadoras que conforman a cadea de valor do sector. Un evento no que a Consellería do Mar aproveitou para promocionar e poñer en valor os produtos de calidade das nosas rías.

Comparte este artigo