Home Xunta de Galicia Xunta lanza o concurso #ParqueVibras PARA animar ao alumnado de secundaria a...

Xunta lanza o concurso #ParqueVibras PARA animar ao alumnado de secundaria a crear vídeos para redes sociais inspiradod no patrimonio natural galego

- Anuncio -
  • Os interesados poden enviar as súas propostas para Instagram, TikTok e YouTube ata o vindeiro día 3 de marzo e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para toda a súa clase a un destes espazos protexidos
  • Marisol Díaz salienta a importancia deste tipo de actividades para implicar e concienciar ás novas xeracións sobre a riqueza natural e a biodiversidade galegas

A Xunta acaba de lanzar a primeira edición do concurso #ParqueVibras para animar ao alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) a facer vídeos orixinais para Instagram, TikTok ou YouTube que se centren e inspiren nalgún dos 6 parques naturais de Galicia —Fragas do Eume; Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; Baixa Limia-Serra do Xurés; O Invernadeiro; e Enciña da Lastra—.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presentou hoxe a iniciativa, que conta cunha páxina web propia para canalizar toda a información dispoñible e xestionar as inscricións dos participantes, que se poderán facer tamén a través do centro educativo.

Neste sentido, explicou que o prazo para poder participar—de forma individual ou en grupo— xa está aberto e permanecerá así ata o próximo 3 de marzo. Os vídeos propostos deberán incluír no momento da súa publicación en calquera das tres redes sinaladas os seguintes hashtags obrigatorios: #ParqueVibras, #ConcursoNaturezaGalicia e #DescubreParquesGalicia.

Así mesmo, a directora xeral indicou que aínda que a temática terá que estar relacionada en todo caso coa Rede de parques naturais de Galicia, os participantes terán liberdade para xestionar os contidos, que poderán incluír imaxes dalgunha ruta peonil, bailes, gráficos ou memes, entre outros elementos.

Haberá tres categorías: creatividade, viralidade e valor divulgativo. O día 22 de abril daranse a coñecer os 12 finalistas —4 para cada unha delas— e a partir de aí escolleranse os 3 vídeos premiados tendo en conta cal foi a proposta máis orixinal, a que recibiu un maior número de likes e a que contribúe a difundir mellor os valores do noso patrimonio.

O concurso finalizará cunha gala de entrega de galardóns prevista para o 24 de maio, coincidindo coa celebración do Día Europeo dos Parques Naturais, e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para todos os alumnos da súa clase a un destes espazos protexidos.

Ao respecto, Marisol Díaz salientou que o obxectivo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático con este concurso é dar a coñecer o patrimonio natural galego entre o estudantado galego de Ensino Secundario.

Neste sentido, salientou a importancia deste tipo de actividades, que animan a participar á xuventude apelando ao seu lado máis creativo e aos seus coñecementos sobre as redes sociais para sensibilizalos e “espertar a conciencia ambiental” das novas xeracións sobre a riqueza do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Relacionadas

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

A Xunta convoca a batería máis de medidas para apoiar aos autónomos a...

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área...

0
Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de...

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

López Campos anima a veciñanza de Coristanco a gozar das novas instalacións da Biblioteca Municipal

0
— A Xunta destina, mediante convenio co Concello, 100.000€ para a reforma e ampliación do espazo, a metade do orzamento — O conselleiro de Cultura,...

Publicacións Relacionadas