Home Pontevedra O Salnés A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés disporá en Vilagarcía de...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés disporá en Vilagarcía de Arousa dun novo punto de vacinación poboacional Covid na antiga Comandancia de Marina

- Anuncio -

― A partires do vindeiro venres 19 de novembro inoculará doses dende os espazos emprazados no andar baixo do antigo edificio desta Comandancia arousá

― Cunha dotación de seis efectivos, terá habilitados cinco puntos de vacinación así coma un circuíto adaptado de entrada e saída, sen barreiras arquitectónicas, que delimitará os tránsitos en sesións de mañá e tarde

― A Administración Sanitaria Pública galega agradece as xestións tanto da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa coma do Consistorio para lograr aportar unha alternativa de emprazamento ao anterior punto de vacinación poboacional COVID

A Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés disporá en Vilagarcía de Arousa dun novo punto de vacinación poboacional COVID a partires do vindeiro venres 19 de novembro de 2021 para inocular doses dende os espazos emprazados no andar baixo do antigo edificio da Comandancia de Marina desta localidade arousá.

Cunha dotación de seis efectivos -cinco profesionais de Enfermaría e un profesional administrativo- o novo punto de vacinación poboacional COVID da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés en Vilagarcía de Arousa terá habilitados cinco puntos de vacinación así coma un circuíto adaptado de entrada e saída, sen barreiras arquitectónicas, que delimitará os tránsitos conforme aos protocolos de seguridade establecidos pola normativa preventiva COVID vixente.

Segundo os cálculos de frecuentación que manexa a Área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, por este novo punto de vacinación poboacional na Comandancia de Mariña vilagarciá prevése unha media diaria dentre 600 e 700 pacientes, que recibirán as doses de vacina en sesións de mañá e tarde.

Agradecemento e xestións en Pontevedra
A Administración Sanitaria Pública galega agradece as xestións tanto da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa coma do Consistorio para lograr aportar unha alternativa de emprazamento ao anterior punto de vacinación COVID que durante a pandemia xa vacinou durante os pasados meses á poboación arousá dende o Recinto Feiral de FEXDEGA.

No que atinxe ás alternativas de emprazamento dun novo punto de vacinación poboacional COVID na capital da provincia, o SERGAS está a rematar as xestións para concretar á maior brevidade posible un novo punto de vacinación poboacional COVID en Pontevedra -con activación asistencial tamén a partires do vindeiro venres 19 de novembro de 2021- para continuar coa inoculación diaria de novas doses dende os espazos aínda por determinar.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas