Home Pontevedra O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

- Anuncio -

– A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á nova App do cidadán. O concelleiro Antonio Cabaleiro explicou que a nova Tarxeta Cidadá de Redondela “permite facer xestións municipais en liña, participar en enquisas, reservar pistas de tenis e pádel, e tamén permitirá a compra de entradas para eventos culturais”.

-Na nova canle do Concello de Redondela, www.redondelaberta.gal, dispoñible tamén na aplicación móbil, pode verse todo o deporte dos pavillóns de Redondela e Chapela, así como os plenos municipais ou contidos culturais.

-A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que o compromiso do seu goberno é “facer que esta plataforma dixital siga medrando, ofrecendo cada vez máis servizos á veciñanza e que dun xeito doado e cómodo no seu móbil a cidadanía teña toda a información, trámites e servizos da administración local”.

O Concello de Redondela presentou este mediodía a súa nova web e unha nova Tarxeta Cidadá Virtual que permite acceder a todos os servizos municipais a través da web e dunha App para o móbil. Na presentación, celebrada na Oficina de Turismo de Redondela, participaron Antonio Cabaleiro, concelleiro Novas Tecnoloxías, Olalla Casanova, coordinadora do Servizo, Héctor Parra, director de marketing e negocio de Cinfo, e Digna Rivas, alcaldesa de Redondela. Ao acto asistiu tamén unha representacións dos clubs de deportes do municipio que poderán retransmitir todos os seus partidos e eventos a través na nova web.

Cabaleiro explicou que a nova Tarxeta Cidadá de Redondela é unha tarxeta virtual “coa que os cidadáns poderán facer xestións municipais en liña, participar en enquisas, reservar pistas de tenis e de pádel, ver en streaming todo o deporte local, e tamén permitirá a compra de entradas para eventos culturais”.

O obxectivo da Tarxeta Cidadá Virtual de Redondela é conectar a Administración co cidadán e mellorar os sistemas de gobernanza. Esta nova plataforma permite ao Concello avanzar na súa transformación dixital mellorando e modernizando dos espazos virtuais municipais e facilitando o seu acceso para dinamizar a participación da veciñanza. Tamén contribúe a unificar os servizos municipais e a mellorar a accesibilidade dos trámites administrativos. Olalla Casanova, coordinadora do servizo de Novas Tecnoloxías, sinala que son tres as grandes novidades polas que aposta o Concello: “a web que presenta unha nova imaxe máis moderna e con máis servizos, a app para o móbil que nos permite ter toda a información da web en calquera parte, e a televisión Redondela Aberta”.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que o compromiso do seu goberno é “facer que esta plataforma dixital siga medrando, ofrecendo cada vez máis servizos á veciñanza e que dun xeito doado teñan toda a información, trámites e servizos da administración local”.

Solicitude da Tarxeta Cidadá Virtual de Redondela

Calquera cidadán, empadroado ou non no concello de Redondela, pode solicitar de maneira gratuita a Tarxeta Cidadá Virtual. Hai dúas formas de facelo: a través da web oficial do Concello (redondela.gal) ou descargando a nova aplicación para móbiles, con versións para Android e para iOS. En ambos os dous casos, o proceso de alta é moi sinxelo. En primeiro lugar, cómpre rexistrar o perfil cubrindo todos os datos persoais do usuario, especificando se se está empadronado ou non en Redondela, e introducindo un contrasinal. A continuación, o usuario recibe un correo electrónico co seu identificador de cidadán, co cal xa terá acceso á tarxeta virtual. Tamén é posible acceder co DNI.

O deporte local, máis preto grazas á Tarxeta Cidadá Virtual

A web e a aplicación da Tarxeta Cidadá Virtual de Redondela conta cunha sección específica na que os usuarios poden xestionar o seu uso e reserva de instalacións deportivas municipais. Permite a consulta e a inscrición en eventos e escolas deportivas ou o alugueiro de pistas de tenis e de pádel, elixindo recinto, data e hora, ademais de poder facer os pagos necesarios e xestionar comodamente as reservas, consultándoas, modificándoas ou mesmo cancelándoas.

No outono, de cara á nova tempada teatral, estará operativa a opción de comprar entradas para espectáculos e eventos culturais no Auditorio Multiusos da Xunqueira e no do Piñeiral de Chapela.

TV Redondela Aberta

A nova web do Concello de Redondela conta cunha canle de televisión que, noo eido dos deportes, permite ver en directo, ou cando o usuario o desexe, os partidos das equipas locais que xogan nos dous pavillóns municipais de Redondela e o de Chapela. A emisión faise grazas a un sistema de Intelixencia Artificial “que analiza todo o que pasa na pista e, en función do deporte que se estea a practicar, ofrece sempre as mellores imaxes da competición”, explica Héctor Parra, director de marketing e negocio de Cinfo. Poderase ver todo na nova canle de deportes en streaming do Concello de Redondela, www.redondelaberta.gal, que tamén está dispoñible na App cidadá. Ademais de deporte en streaming, na mesma páxina poderanse ver os plenos municipais, contidos culturais e moito máis. O obxectivo do Concello é “ampliar esta canle e ofrecer todo tipo de eventos culturais e festas a través desta televisión que ofrecerá cada vez máis contidos”, explicou a alcaldesa Digna Rivas.

A creación e posta en marcha da Tarxeta Cidadá Virtual de Redondela enmárcase dentro das Liñas de Actuación LA13 “Conectar a Administración co cidadán” e da LA14 “Mellorar os sistemas de gobernanza” da EDUSI Redondela 2020. Esta operación contribúe de forma efectiva aos resultados do OT 2 do POP 2014-2020, “Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o seu acceso”; en concreto, ao seu Obxectivo Específico 2.3.3 relativo a “Promover as tecnoloxías da información en estratexias urbanas integradas, incluíndo a Administración electrónica local e as Smart Cities“. Este proxecto está cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020, actualmente integrado no Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. A inversión total que se realizou nesta liña de actuación é de 163.955 €, dos cales 131.164 € proveñen dos fondos FEDER e o 20% restante, 32.791 €, son achegados polo Concello de Redondela.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas