Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

- Anuncio -

O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de ampliación previstas no instituto para dar resposta á alta demanda

Tamén deu luz verde a solicitar ao goberno autonómico a retirada inmediata dos proxectos do Plan sectorial eólico de Galicia nas serras da Groba e Argalo

Tomiño é terra de artistas e brindar á mocidade a oportunidade de potenciar e desenvolver as súas habilidades sen ter que desprazarse a outros municipios é de vital importancia. Ante o incremento da demanda do propio alumnado e da predisposición dun importante número de estudantes polas ensinanzas artísticas, o Concello aprobou onte en pleno unha moción proposta por Alcaldía para instar á Consellería de Educación a incorporar a especialidade de Bacharelato de Artes á oferta educativa do IES Antón Alonso Ríos, un centro que aposta pola arte e a creatividade xa como parte do seu proxecto educativo.

Na actualidade non existe oferta de Bacharelato de Artes en toda a comarca do Baixo Miño nin no Val Miñor, o que supón que o alumnado que quere enfocar os seus estudos por esta especialidade teñen que desprazarse ao IES de Mos ou ao IES de Valadares e ao IES Politécnico de Vigo. “Esta situación fai que moitos das e dos estudantes tomiñeses, e seguramente do resto das localidades da comarca, desboten cursar estudos de Arte. Pero tamén fai que se se deciden a matricular nesta especialidade e desprazarse fóra as familias teñan que facer un forte investimento en transporte ou en vivenda para o alumnado”, salienta a alcaldesa, Sandra González. 

O IES Antón Alonso Ríos conta con 66 prazas de Bacharelato para cada un dos niveis que nos últimos anos se cobren na súa totalidade polo alto número de estudantes que continúan os seus estudos no centro unha vez rematada a ensinanza obrigatoria e polo paulatino aumento das peticións de admisión do alumnado procedente de concellos limítrofes, especialmente O Rosal e A Guarda. Ante este aumento da demanda, o Concello de Tomiño instará tamén a iniciar canto antes as obras de ampliación do centro previstas pola Xunta de Galicia, un proxecto anunciado pola Consellería de Educación no 2021 aínda non executado que permitiría ao IES Antón Alonso Ríos aumentar o espazo dispoñible para o alumnado da etapa de Bacharelato, tanto para as aulas de referencia como para as de desdobre e talleres. A pesar de que as obras tiñan previsión de iniciarse en agosto de 2022, o proxecto está pendente de aprobación final.

Plan sectorial eólico de Galicia

O Concello de Tomiño tamén aprobou onte en pleno solicitar á Consellería de Economía, Industria e Innovación a retirada inmediata das áreas de desenvolvemento que afectan ás serras da Groba e do Argalo do Plan sectorial eólico de Galicia. Este plan contempla cinco parques eólicos nunha zona que xoga un importante papel na sostibilidade do territorio, cunha gran cantidade de hábitats e especies de interese comunitario, e de gran valor patrimonial, paisaxístico, xeolóxico, social, etnográfico e económico.  

Os proxectos eólicos propostos para esta zona (O Rosal, Merendón, Torroña I, Torona, Toroña III e Albariño) presentan importantes deficiencias nos Estudos de Impacto Ambiental, xa que se subestimaron os efectos destas infraestruturas sobre o territorio. Proba destas deficiencias son os informes sectoriais que varias administracións elaboraron en contra destes proxectos polo seu impacto irreversible nos valores medioambientais, paisaxísticos e arqueolóxicos e que motivaron a emisión de Declaracións de Impacto Ambiental negativas para catro dos proxectos previstos.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas