Home A Coruña Trenor supervisou as obras de mellora que se están executando na Oficina...

Trenor supervisou as obras de mellora que se están executando na Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba cun investimento de case 50.000€

- Anuncio -

— O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais

— Os obxectivos fundamentais destes traballos son dar unha resposta óptima ás demandas actuais da poboación rural e mellorar as condicións laborais das persoas que desenvolven as súas tarefas nas ditas oficinas

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba na que se está levando a cabo unha actuación de mellora integral que conta cun orzamento próximo aos 50.000 euros.
Entre as actuacións que se levarán a cabo destacan obras de acondicionamento e pintura, renovación da iluminación e da carpintería interior e reconfiguración dos vestiarios e aseos para os veterinarios que desenvolven o seu traballo nesta oficina.

Ademais, estase executando o trasdosado interior para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e o mellor confort térmico dos seus usuarios, a implementación de peches de ventás corredoiras, a reparación de persianas, a demolición dun tabique e actuacións necesarias para a creación dunha zona de atención administrativa.
Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais
O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais iniciado pola Xunta, que inclúe tanto actuacións de optimización de tipo organizativo e funcional, como de mellora das infraestruturas e da dotación das oficinas.

Os obxectivos fundamentais das diferentes actuacións deste plan son, por unha parte, dar unha resposta óptima ás demandas actuais da poboación rural en relación aos servizos públicos e, ao mesmo tempo, mellorar as condicións laborais das persoas empregadas públicas que desenvolven as súas tarefas nas ditas oficinas, o que repercute positivamente na relación entre a Xunta de Galicia e o sector primario.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas