Free Porn
xbporn
Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862, ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove

- Anuncio -


― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr


― Estas tarefas forman parte do contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862, ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove.

Tamén continuarán as actuacións que xa están en marcha na provincia de Lugo nas vías de altas prestacións CG-2.1 ao paso polos municipios de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; na CG-2.2, no Páramo e Sarria; e na CG-2.3, en Viveiro e en Xove. Tamén proseguirán as actuación na VG 2.1, en Monforte de Lemos.

Na provincia de Ourense continuarán as intervencións en marcha na estrada OU-504 nos concellos do Carballiño e Ribadavia, e na OU-540, en Ourense e Lobios.

No caso da provincia de Pontevedra proseguirán as intervencións nas marxes da vía de altas prestacións VG-4.6, que comunica Cangas e Bueu; e na CG-4.1, que une os municipios de Moaña e Cangas; e na autovía AG-4.6, que tamén comunican Moaña e Cangas.

Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Relacionadas

A Xunta salienta o impulso do emprego feminino nun mercado de traballo que rexistra...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego a dúas preguntas...

A Xunta pon en marcha o centro que coordinará as políticas de emprendemento e...

0
― O novo Centro de Orientación, Emprendemento e Innovación para o Emprego canalizará todas as actividades relacionadas co emprendemento na Comunidade, aplicando ademais un...

A Xunta destaca o traballo a prol da investigación biomédica do CICA, o que...

0
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan o centro, que conta con máis de 200 investigadores  O secretario...

A Xunta reafirma o seu apoio á Feira de Artesanía de Cortegada que chegará...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro en...

A Xunta mellora a seguridade e accesibilidade de máis dun milleiro de paradas de...

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou un destes puntos no concello de Arteixo — Preto de 300 están en execución...

A Xunta e a Universidade de Vigo impulsan unha nova campaña arqueolóxica en Cíes...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que o equipo de especialistas que dirixe Adolfo Fernández acaba de iniciar a escavación do xacemento localizado o ano pasado...

Publicacións Relacionadas