Home A Coruña A Deputación da Coruña achegou este ano 22.000 euros para o mantemento...

A Deputación da Coruña achegou este ano 22.000 euros para o mantemento do servizos da Axente de Igualdade de San Sadurniño

- Anuncio -

A medida que se achega o remate do ano, os concellos apuran os trámites de xustificación de distintas subvencións recibidas ao longo do exercicio procedentes doutras Administracións. Son axudas que se dirixen ao desenvolvemento de proxectos de obras ou programas municipais, pero tamén á cobertura dos custes do persoal municipal especialista en distintas áreas, entre elas -por exemplo- a de Desenvolvemento local ou a de Igualdade. Neste último caso, o Concello de San Sadurniño concorreu á convocatoria FOAI/2021 da Deputación da Coruña, dirixida ao financiamento de persoal técnico ou axentes de Igualdade para todo 2021. Esta liña -que deberá xustificarse como moi tarde a finais de marzo de 2022- supúxolle ao consistorio unha achega de 22.000 euros.

As bases da convocatoria da Deputación da Coruña indican que a finalidade desta liña é “a dinamización e o desenvolvemento de políticas de igualdade” en coordinación co ente provincial e no marco do seu primeiro plan de acción neste ámbito para o período 2019-2023.

A convocatoria tamén define as funcións que desenvolve o persoal cuxo posto se financia. Son unha decena de aspectos encadrados en dous eixos principais: o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero.

Estas dúas liñas de traballo tradúcense á súa vez en accións concretas de detección de necesidades en materia de igualdade, prevención e intervención da violencia de xénero; tamén na programación, planificación, intervención e realización de proxectos de dinamización -publicacións, obradoiros para distintas idades, charlas, cursos, etc.-, xunto coa busca de financiamento doutras Adminstracións; no apoio á xestión de servizos relacionados coa conciliación -a Escola Infantil Municipal ou a Aldea de Verán, entre eles-; en facer seguimento da aplicación real das políticas de igualdade e de fomento da perspectiva de xéner e, quizais o máis importante, en traballar man con man e de maneira coordinada cos departamentos de Educación Familiar e de Servizos Sociais en situacións que requiren unha atención urxente.

O importe da subvención provincial -dirixida a cubrir os custes salariais e de seguridade social- ascendeu a un total de 22.000 euros, a máxima cantidade que se outorga na convocatoria de acordo co programa presentado na solicitude e coa relación de traballos efectuados ao longo de 2021. Un programa que se viu condicionado, igual que en 2020, pola situación sanitaria, que obrigou a reformular varias das accións.

“Soñando inventei”, este domingo na Casa da Cultura
Entre as funcións da Axente de Igualdade de San Sadurniño tamén se encontra a programación de citas culturais que teñen unha marcada finalidade educativa, habida conta de que a Igualdade e a prevención das violencias deben traballarse desde as primeiras etapas da vida.

Neste sentido, a próxima actividade para a rapazada terá lugar na Casa da Cultura este domingo 26 de decembro ás 18:00h., coa proposta musical “Soñando inventei”. Trátase dunha montaxe de Urdime coa voz de María Faltri e a música de Jorge Juncal que lle fala á cativería a partir de 3 anos de diversidade e igualdade por medio das cancións recollidas no libro-disco “Fantasía coas palabras”.

Un espectáculo cualificado na súa ficha como trans-formador e descrito como “unha viaxe ao centro dos soños” protagonizada por personaxes femininas “libres para ser elas mesmas e chegar a tocara lúa”. As entradas hai que reservalas chamando ao 981 490 027 ext.1 ou mandándolle un correo á técnica de Igualdade: veronica.rodriguez@sansadurnino.gal.

Relacionadas

O Rexenera Fest e o comercio enchen Carballo de cor

0
A Concellaría de Promoción Económica pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial coincidindo co décimo aniversario do festival internacional de arte públicaO...

O incombustible grupo madrileño Los Secretos actuará no San Xoán nunha xira caracterizada polos...

0
O venres 31 de maio presentaremos a programación completa das festas patronais de Carballo, que este ano celebraranse do 19 ao 30 de xuño Unha...

Incendio nun vehículo estacionado nun aparcadoiro público, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 23:30 horas da noite de onte, venres 24 de maio, dun...

O Concello de Carballo incorpora ao orzamento unha nova partida do remanente de tesourería...

0
O 44% do investimento vai destinados á ampliación da rede de parques infantís que representan a filosofía “Carballo para a infancia”Despois da incorporación de...

O Xeoparque Cabo Ortegal celebra o seu primeiro aniversario

0
Unha ateigada Casa da Cultura de Valdoviño acolleu o acto central da conmemoración do primeiro aniversario da declaración do Xeoparque Cabo Ortegal como Xeoparque...

O vicepresidente Rafa Domínguez inaugura no Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de inaugurar no Salón de Actos do Museo de Pontevedra a XL Reunión da Sociedade...

Publicacións Relacionadas