test
Home Xunta de Galicia Galicia avanza cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable en 2030...

Galicia avanza cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable en 2030 e supera en todos eles por riba os resultados a nivel nacional

- Anuncio -

— A Xunta remitirá ao Parlamento o segundo informe de seguimento da Axenda 2030, que constata a boa posición da Comunidade en materias como auga e saneamento, enerxías non contaminantes e biodiversidade dos ecosistemas terrestres

— En 16 dos 17 ODS que a ONU se fixa como meta para esta década, os resultados a nivel galego están por riba dos estatais e en 5 deles Galicia supera a media nacional en máis do 75% das variables a ter en conta para poder cumprir cos obxectivos

— Esta evolución enmárcase na aposta pola sustentabilidade e a eficiencia nas políticas da Xunta, que se plasma desde 2021 nos orzamentos e no Plan estratéxico de Galicia

Galicia avanza a bo ritmo cara ao cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) marcados a nivel global pola chamada Axenda 2030, situándose en todos eles por riba dos resultados a nivel nacional. Esta é a principal conclusión do segundo informe de seguimento da iniciativa, que se remitirá ao Parlamento galego tras pasar polo Consello a próxima semana e no que se recollen as principais conclusións sobre os avances realizados neste eido nos últimos anos, analizando os progresos para cada un dos obxectivos.
Cómpre lembrar que a Axenda 2030 foi aprobada en 2015 pola Organización das Nacións Unidas (ONU) como un plan de acción en favor das persoas, do planeta e da prosperidade que fixa os obxectivos a alcanzar antes do ano 2030, para poñer fin á pobreza, loitar contra a desigualdade e facer fronte ao cambio climático, entre outras cuestións relevantes.
Nesta axenda concretáronse 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) e propuxéronse 169 metas a acadar no horizonte temporal sinalado, cuxo cumprimento se validará a nivel mundial, nacional e rexional, a través da análise de 239 indicadores marcados pola ONU.
Así, este segundo informe de seguimento da Axenda 2030 en Galicia, elaborado en 2022, analiza 60 destas metas, pertencentes a 16 dos 17 ODS —para o obxectivo número 14 non hai datos desagregados a nivel autonómico—, e 172 indicadores centrados en cuestións globais de interese común, unha selección coa que se busca facilitar as comparativas co resto de España e mesmo con outras rexións.
Aínda que a maioría dos indicadores analizados para cada un dos obxectivos presentan en Galicia unha tendencia positiva, destaca, especialmente, a evolución no apartado de Auga limpa e saneamento (ODS número 6), Enerxía accesible e non contaminante (7) ou Vida dos ecosistemas terrestres (15), nos que todos os indicadores avaliados experimentaron avances notables.
Máis concretamente, e no caso do saneamento das augas, esta meta dáse por conseguida grazas a medidas impulsadas pola Xunta como os Plans de xestión da auga de Galicia para acadar servizos de subministración e depuración axeitados e equitativos ou outros documentos de planificación para facer fronte a aspectos como a seca, o risco de inundacións ou o aproveitamento hidroeléctrico dos recursos naturais.
Así mesmo, no que respecta ás enerxías non contaminantes, indicadores como o peso das renovables sobre a produción total de enerxía eléctrica (un 75,6%, no ano 2020) ou a redución do consumo, confirman os avances notables acadados para a consecución deste ODS, grazas á aplicación de instrumentos efectivos como o Plan de aforro enerxético en instalacións da Xunta, as axudas para proxectos de renovables e de eficiencia enerxética ou a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050.
Por último, no obxectivo de ecosistemas terrestres cómpre subliñar entre as actuacións máis destacadas da Xunta nos últimos anos a aprobación da Lei de patrimonio natural para protexer os valores da Galicia verde e azul, o impulso ás novas redes de parques naturais e de reservas de biosfera para poñer en valor este tipo de espazos protexidos ou a Estratexia da paisaxe galega ligada tamén á protección dos ecosistemas.
A aposta de Galicia pola sustentabilidade e o cumprimento da Axenda 2030 tamén se reflicte na comparativa a nivel nacional, xa que a evolución da Comunidade é mellor que a do conxunto do país. De feito, o informe constata que para todos os ODS os resultados de polo menos a metade dos indicadores son mellores a nivel galego que estatal.
En todo caso, a diferencia máis notable atópase en cinco dos obxectivos de sustentabilidade —Fin da pobreza (ODS 1), Saúde e benestar (3), Igualdade de xénero (5), Redución de desigualdades (10) e Cidades e comunidades sustentables (11)— nos que Galicia presenta resultados por riba da media nacional en máis do 75% dos indicadores avaliados, rozando mesmo nalgún caso o 100%.
Segundo informe de seguimento
A Xunta leva traballando desde 2018 na consecución dos obxectivos sustentables marcados pola ONU, procurando o coidado ambiental en todas as súas accións de goberno. A tal fin, creou no ano 2019 a Comisión Interdepartamental da Axenda 2030 e foi pioneira no desenvolvemento de indicadores propios para a avaliación dos ODS.
Este segundo informe permite comprobar o grao de implantación da Axenda 2030 en Galicia a partir da análise das principais metas fixadas pola ONU, ao tempo que facilita unha radiografía da eficacia das políticas de desenvolvemento sostible executadas polo conxunto das consellerías, así como do coñecemento que ten a cidadanía sobre a iniciativa, o que repercute á vez nunha maior concienciación social e ambiental.
Neste sentido, a Xunta seguirá impulsando medidas a partir das oportunidades de mellora detectadas que convertan á Comunidade en parte da solución aos problemas globais e favorezan a transición de aquí a 2030 cara a unha Galicia máis inclusiva, máis ecolóxica e climaticamente neutra, cun maior nivel de dixitalización, máis resiliente ante o cambio climático e mellor adaptada aos retos presentes e futuros.
De feito, este compromiso coa implementación das metas de desenvolvemento sustentable e da Axenda 2030 reflíctese tamén nos orzamentos autonómicos, que desde o ano 2021 van aliñados con estes obxectivos, e no Plan estratéxico de Galicia 2022-2030, a principal ferramenta de planificación da Xunta.
Ademais, o Goberno galego puxo en marcha o ano pasado un novo sistema de carga de datos correspondentes aos indicadores publicados polo INE e o IGE que permitirá nas próximas revisións facer un seguimento máis próximo ao ano en curso sobre a evolución dos distintos ODS na Comunidade..

Relacionadas

A Xunta destaca o papel da artesanía na dinamización comercial das vilas e cidades...

0
― O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá o...

A Xunta impulsa a remuda na xastrería a través do programa ‘Aprender da tradición....

0
― O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á última...

José González avalia Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia a importancia de reforzar...

0
— O titular de Emprego compartiu co máximo representante do colectivo en Galicia que é clave trasladar as vantaxes que ofrecen dentro da economía...

A Xunta inviste máis de 60.000 euros no estudio da distribución e abundancia de...

0
O contrato, cofinanciado con fondos europeos e adxudicado á Universidade da Coruña, permitirá avaliar a distribución de sete especies mediante a realización de traballos...

Rueda afirma o compromiso do goberno galego coa sanidade pública e coa busca dos...

0
-Destaca a importancia do diálogo entre goberno e colexios médicos para seguir mantendo unha “magnífica sanidade pública” O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou hoxe...

A Xunta apoia en Santiago de Compostela a transmisión da marroquinería dentro dos oficios...

0
― A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe á última xornada do curso ‘Marroquinería fina. Deseño e elaboración dun chestbag’,...

Publicacións Relacionadas