Home A Coruña A Xunta somete a información pública a inclusión no catálogo de árbores...

A Xunta somete a información pública a inclusión no catálogo de árbores senlleiras dun eucalipto azul en Poio e unha maceira de sebes e unha sobreira en Boiro

- Anuncio -
  • Ademais de estudar as solicitudes presentadas, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural farán as visitas e comprobacións necesarias para determinar que as súas características xustifican a suma destes exemplares á listaxe
  • A Consellería convocou esta semana dúas ordes de axudas, por un importe global de 70.000 euros, para levar a cabo actuacións de mellora e conservación, así como de divulgación, das 181 árbores e formacións que xa forman parte deste Catálogo
  • A Xunta de Galicia someterá a información pública a posible inclusión no Catálogo de árbores senlleiras dun eucalipto azul no concello de Poio e dunha maceira de sebes e unha sobreira en Boiro.

O Catálogo galego de árbores senlleiras é unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

Nese sentido, mañá publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se inicia este proceso de valoración para determinar se os tres exemplares propostos teñen unhas características excepcionais que os fagan merecedores dunha protección especial.

Ademais de estudar as solicitudes presentadas, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural farán as visitas e comprobacións necesarias para determinar que as características singulares relativas ao seu perímetro, o porte ou a especie á que pertencen, xustifican a suma destes exemplares á listaxe de árbores senlleiras.

No caso do eucalipto azul (Eucalyptus globulus), a solicitude presentada por un particular de Poio está baseada na peculiaridade do seu perímetro que, segundo a documentación remitida á Consellería, é de 3,50 metros.

Dúas arbores en Boiro
Pola súa banda, o Concello de Boiro remitiu unha solicitude para a inclusión no Catálogo dunha maceira de sebes (Maclura pomifera), cuxa singularidade se basea na rareza desta especie, que mide 13,5 metros de altura e ten un perímetro de 1,8 metros; e para unha sobreira (Quercus suber), que se incluiría tendo en conta o porte do exemplar, 18 metros de altura e un perímetro de case 3,8 metros. Os dous exemplares están localizados no Pazo de Goiáns.

Na actualidade, o Catálogo galego está formado por un total de 181 elementos —143 árbores e 38 formacións— pertencentes a 80 especies diferentes.

Axudas para a súa conservación
Cómpre lembrar que esta mesma semana, a Consellería convocou dúas ordes de axudas, por un importe global de 70.000 euros, para levar a cabo actuacións de mellora e conservación, así como de divulgación, das árbores e formacións que xa forman parte deste Catálogo.

Unha orde está destinada ao concellos, dotada con 25.000 euros, e outra polo importe restante, 45.000 euros, dirixida ás persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias en ambos casos de elementos incluídos no Catálogo na data de publicación no DOG.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas