Home O Salnés Meaño A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés retomará o luns 10...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés retomará o luns 10 de xaneiro a cobertura pediátrica de Atención Primaria nos Centros de Saúde de Dena e Mosteiro

- Anuncio -
  • Dita planificación, xa consensuada cos profesionais que prestarán esta asistencia, disporá para a poboación infantil dambas localidades a atención por Pediatra durante media mañá en cada centro de saúde de luns a venres, tratando de evitar así os menores desprazamentos posibles para pacientes e familiares

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés retomará a partires do vindeiro luns 10 de xaneiro a cobertura pediátrica de Atención Primaria nos centros de saúde de Dena -no concello de Meaño- e de Mosteiro -no concello de Meis-. Dita planificación, xa consensuada cos profesionais que prestarán esta asistencia, disporá para a poboación infantil dambas localidades a atención por Pediatra durante media mañá en cada centro de saúde de luns a venres, tratando de evitar así os menores desprazamentos posibles para pacientes e familiares, que ata o de agora desprazábanse ao centro de saúde de Baltar para recibir esta asistencia.

Deste xeito, os pacientes infantís dos concellos de Meis e Meaño recibirán atención cun equipo específico en atención pediátrica -profesionais de Pediatría e Enfermería- que permitirá ter as revisións do Programa do Neno San, as vacinacións, as actividades de promoción da saúde e a atención aos nenos con enfermidades crónicas no seu centro de referencia. Non obstante, no caso de ter dificultade para desprazarse á consulta nas franxas horarias matinais, sempre poden optar por recibir a atención infantil para os nenos da man dos seus médicos de familia que, na súa formación previa como Médicos Internos Residentes, teñen un período de aprendizaxe específico nos servizos de Pediatría e contan con sólida formación en materia de Puericultura e patoloxías infantís.

A cobertura pediátrica de Atención Primaria nos centros de saúde de Dena e de Mosteiro é unha medida temporal que se ven valorando dende a Área hai tempo e, de non resultar positiva para a poboación ou os profesionais, replantexaríase de novo.

Paro cero na Especialidade

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés lembra que nesta Especialidade hai paro cero, de xeito que non se dispón de pediatras nas listas de contratación, ao igual que ocorre noutras áreas sanitarias de Galicia e noutras Comunidades Autónomas. Esta indispoñibilidade de pediatras para incorporar ao Sistema motivou que se incrementaran as prazas de formación de Pediatría en Galicia, pasando das 20 ás 27.

Neste sentido, cómpre sinalar que, no caso da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, dispónse dun total de 40 pediatras, que cobren a atención infantil dos 26 Concellos da área. Un dato adicional é que somentes 7 deses pediatras xa atenden a demanda de 15 Concellos e de 17 puntos de asistencia.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas