Home Ourense O Carballiño A Xunta colabora co concello do Irixo no impulso á venda en...

A Xunta colabora co concello do Irixo no impulso á venda en liña de produtos agroalimentarios locais

- Anuncio -

— O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación do novo marketplace a través da cal pode adquirirse pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais

— A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación apoia a iniciativa con máis de 47.000 euros a través do programa de axudas para a creación e lanzamento de plataformas dixitais para produtos agroalimentarios no medio rural

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá no Irixo na presentación do marketplace impulsado polo Concello e que permite adquirir en liña pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais.

A Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación apoia con máis de 47.000 esta plataforma dixital, dispoñible en mercaoirixo.gal, coa que o Concello do municipio ourensán dá visibilidade e achega novas posibilidades de negocio para as empresas da localidade.

O Concello do Irixo é un dos beneficiarios do programa de axudas para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural A través desta convocatoria concedéronse axudas por preto de 590.000 euros a 18 beneficiarios, entre os que se atopan concellos de menos de 10.000 habitantes, Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e unha federación de comerciantes.

Así, impúlsanse accións de promoción comercial e de acceso a innovadoras canles de venda a través da creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, co fin de darlles unha proxección de venda para adaptarse á nova demanda e perfil do consumidor.

Relacionadas

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

A Xunta destaca a importancia da formación entre o persoal das forzas e corpos...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na clausura da III Xornada de Saúde Mental Policial SAUDEPOL, organizada polo Sindicato Unificado...

Galicia e Portugal avanzan no desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local ao abeiro...

0
Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, participan un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores...

0
— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais — Anima...

Diego Calvo asiste á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á toma de posesión de Sandra Vázquez como directora xeral de Relacións Institucionais...

Publicacións Relacionadas