Home Xunta de Galicia A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover...

A Xunta lanza unha publicación sobre a Serra do Oribio para promover os valores ambientais, paisaxísticos e culturais deste espazo natual

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez incide en que esta contorna protexida combina a riqueza natural dun hábitat de montaña con importantes valores patrimoniais e culturais


— Anima aos concellos a aproveitar os incentivos económicos do Goberno galego para poñer en marcha proxectos que axuden á conservación e mellora da biodiversidade e ao impulso económico e turístico dos espazos protexidos


— Pon en valor o labor que realiza o profesorado no eido da educación ambiental para concienciar aos máis novos da importancia de preservar o noso patrimonio natural

A Xunta de Galicia lanza a publicación Oribio. A montaña viva para promover os valores ambientais, paisaxísticos e culturais deste espazo natural, tal e como subliñou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Durante o acto de presentación da publicación, Ángeles Vázquez cualificouna como unha “auténtica enciclopedia”, que, a través das fotografías e textos de José Manuel Salgado, permite coñecer o “incalculable valor natural e ambiental” desta contorna que forma parte da Reserva da biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel.

Nesa liña, a conselleira incidiu en que O Oribio é un espazo natural “cunha personalidade singular e propia”, onde se combina a riqueza natural dun hábitat de montaña, que destaca pola súa biodiversidade e o seu interese paisaxístico, con importantes valores patrimoniais e culturais, como, por exemplo, ser unha das primeiras etapas en Galicia do Camiño de Santiago.

A maiores, a responsable autonómica explicou que iniciativas como o apoio a publicacións como a presentada hoxe enmárcanse na aposta da Xunta pola conservación dos principais enclaves naturais de Galicia. De feito, o Goberno galego destina este ano 6,2 millóns de euros a axudas para a preservación de espazos naturais protexidos. Dese total, 1,8 millóns de euros teñen como obxectivo apoiar aos concellos na execución de actuacións, estudos e iniciativas nas 7 reservas de biosfera de Galicia.

Nese senso, Ángeles Vázquez, logo de lembrar que esas axudas aínda se poden solicitar ata o 4 de maio, animou aos concellos a aproveitar estes incentivos económicos para poñer en marcha proxectos que axuden á conservación e mellora da biodiversidade e ao impulso económico e turístico destas contornas.

Para concluír, a conselleira salientou a presencia no acto de presentación deste libro de alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela e puxo en valor o labor que realiza o profesorado no eido da educación ambiental para concienciar aos máis novos da importancia de preservar o noso patrimonio natural.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas