Home Pontevedra A Paradanta Arbo convoa un ano máis o concurso sobre a LXII Festa da...

Arbo convoa un ano máis o concurso sobre a LXII Festa da Lamprea para os máis cativ@s do concello

- Anuncio -

• Poden participar os/as alumnos/as do CEIP Antonio Carpinteiro


• A tematica a LXII Festa da Lamprea


• Os/as gañadores/as do concurso recibiran premios en material escolar


• As propostas poderán presentarse ata o 17 de febreiro no CEIP Antonio Carpinteiro ou ata o 18 de febreiro nas dependencia municipais.

O Concello de Arbo convoca e abre o praza de inscrición dun concurso de carteis e redacción con motivo da celebración da LXII Festa dá Lamprea que será os días 22, 23 e 24 de abril de 2022


A Festa da Lamprea é a festa por excelencia do noso concello, declarada de interese túristico nacional no ano 2016 e que se adaptara na súa 62 edición a evolución do COVID-19.


O certame do cartel está dirixido a todos os/as alumnos/as do C.E.I.P Antonio Carpinteiro, mentres que o de redacción está só enfocado aos alumnos de 3º a 6º de Primaria. O cartel e a redacción terán como tema central: Arbo, a LXII Festa dá Lamprea, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o viño, a lamprea, os ríos Miño, Cea, Deva, etc.

O cartel poderá presentarse en calquera soporte e poderá estar deseñado con calquera material. A redacción terá unha extensión máxima de dous folios escritos por unha cara. Os premios deste certame consistirán en material didáctico e xogos, outorgándose para o concurso de carteis dous premios para cada un dos cursos de Educación infantil e dous premios para cada un dos cursos de primaria. Para o concurso de redacción entregaranse dous obsequios por cada un dos cursos de 3º a 6º de primaria.

As propostas poderán presentarse ata o 17 de febreiro no CEIP Antonio Carpinteiro ou ata o 18 de febreiro nas dependencia municipais.

Este concurso lévase realizando desde hai máis de 30 anos, creouse sendo concelleiro de Cultura o actual alcalde Horacio Gil, e segundo manifesta “é necesario e enriquecedor mantelo na actualidade xa que é capaz de achegar aos máis pequenos o patrimonio histórico, a gastronomía ou a paisaxe de Arbo… Facéndolles partícipes ademais de algo tan importante para o noso pobo como é a Festa da Lamprea, algo fundamental na vida de todos os arbenses e, por suposto, tamén de todos eles”.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas