Home O Morrazo Moaña Vicente Verdeal Ríos, novo voceiro do PP de Moaña

Vicente Verdeal Ríos, novo voceiro do PP de Moaña

- Anuncio -

• Alfonso Rueda mantivo unha reunión de traballo co grupo municipal.


• Carlota Zabaleta tomará posesión da acta no pleno deste xoves, en substitución de José Fervenza.

O concelleiro Vicente Verdeal Ríos será o novo voceiro do Partido Popular de Moaña, tras a dimisión do presidente local José Fervenza. Así llo trasladou o grupo municipal ao presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, na reunión de traballo que mantiveron onte pola noite na sede local, e na que tamén participaron o secretario xeral, Luis López, e a vicesecretaria do partido, Marta Fernández-Tapias.

Rueda aproveitou o encontro para poñer en valor a traxectoria de José Fervenza ao fronte do Partido Popular de Moaña durante os últimos dezaséis anos, e agradeceu a súa labor e dedicación para defender os intereses dos seus veciños. Ademais, pediu ao grupo municipal “unidade e moito traballo. Temos por diante 16 meses para recuperar a confianza dos veciños e demostrar que somos a única alternativa para poñer a Moaña na senda do progreso e apostar por proxectos e iniciativas que o concello necesita”.

Nesta liña tamén se pronunciou o novo voceiro local, que agradeceu a confianza unánime dos seus compañeiros. Durante a reunión, tamén acordaron repartir áreas de traballo entre os concelleiros, que se anunciarán nos próximos días, unha vez que Carlota Zabaleta, a persoa que subsituirá a Fervenza na corporación municipal, tome posesión como concelleira no pleno deste xoves.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas