Home Xunta de Galicia A Xunta despide á 13ª promoción de Policía Local formanda na AGASP...

A Xunta despide á 13ª promoción de Policía Local formanda na AGASP e xa puxo en marcha o proceso selectivo da seguinte

- Anuncio -

— Os 98 alumnos da 13ª promoción remataron en decembro a súa formación teórica na Academia Galega de Seguridade Pública e realizaron este mes a parte práctica antes de incorporarse o próximo martes como funcionarios de carreira aos seus concellos

— A Xunta xa comezou as fases da seguinte convocatoria de oposicións unificadas para colaborar cos concellos galegos na selección das súas plantillas de Policía Local

— O novo proceso selectivo permitirá cubrir un total de 70 prazas en 29 de entidades locais

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu esta mañá o acto de despedida aos 98 alumnos da 13ª promoción da Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP ), que remataron a súa formación teórica na academia o pasado decembro e este mes realizaron a parte práctica nos seus 37 concellos de orixe, onde tomarán posesión o próximo martes como funcionarios de carreira.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, sinalou o importante labor que presta a AGASP na formación das novas promocións de Policía Local e na súa selección a través das oposicións unificadas a través do convenio asinado en 2017 coa FEGAMP para colaborar cos concellos galegos que dedican delegar no Goberno galego a selección e formación das súas plantillas de Policía Local. Ata agora, 89 concellos dos 129
Así, unha vez rematada a formación desta promoción xa se comezou o proceso selectivo da seguinte convocatoria que conformará a 14ª promoción. Máis de 870 persoas xa participaron o pasado xoves, 20 de xaneiro, nos dous primeiros exercicios da oposición unificada: a proba de avaliación de coñecementos e a proba de coñecementos de lingua galega, esta última para os aspirantes non exentos de realizala.

O terceiro exercicio do proceso selectivo correspondente ás probas físicas levarase a cabo do 9 ao 11 de febreiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Unha vez rematado o proceso, prevese o inicio nas instalacións da AGASP do curso de formación teórico-práctico obrigatorio que deberán superar os aspirantes que aprobaron as probas anteriores antes de poder elixir destino e ser nomeados funcionarios en prácticas polos concellos.

A través desta vía cubriranse un total de 70 prazas comunicadas por 29 entidades locais: A Coruña, A Pobra de Trives, Betanzos, Bueu, Carballiño, Fene, Ferrol, Foz, Lugo, Narón, Nigrán, O Barco de Valdeorras, O Grove, Ordes, O Rosal, Ortigueira, Ponteareas, Pontevedra, Porto do Son, Redondela, Ribeira, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valdoviño, Vilagarcía de Arousa e Viveiro.

A AGASP é o centro de referencia na formación das forzas e corpos de seguridade en Galicia, xa que ademais de preparar ás novas promocións de Policía Local ofrece cursos con contidos actualizados e adaptados á realidade do seu traballo diario e dos servizos de emerxencias que traballan na comunidade para garantir a seguridade dos galegos e galegas.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e normal na precipitación

0
O avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 1,9 graosA precipitación media acumulada foi un...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1M€...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá, este ano, case 1M€ en obras para dotar a varios núcleos do Concello de Lousame dun sistema...

Preto de 200 agrupacións de persoal voluntario de protección civil benefícianse do apoio da...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 eurosEstas achegas complementan a outra orde de axudas...

Galicia rexistra en abril a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie...

0
Salientou o dato histórico de 126.334 persoas en paro acadado na comunidade galega no mes de abril e indicou que é a primeira comunidade...

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Publicacións Relacionadas