Home Pontevedra Caldas O PP denuncia que os orzamentos do Concello de Cuntis son “irreais,...

O PP denuncia que os orzamentos do Concello de Cuntis son “irreais, falsos e están elaborados sen consenso”

- Anuncio -

• Isabel Couselo sinala que os ingresos que inclúen polo polígono da Ran son imposible recadalos este ano porque nin hai convenio asinado nin ningún trámite iniciado.


• Non reservan nin un só euro para as débedas cos prooveedores, que superan o millón de euros.


• Tampouco se atendeu ningunha das propostas feitas polos populares.

O Partido Popular de Cuntis denuncia a “desfachatez e arrogancia” do alcalde nas declaracións publicadas estes días nos medios de comunicación, “mentindo descaradamente ós veciños”. A voceira local, Isabel Couselo, sinala que os orzamentos municipais para este ano, que aprobaron os socialistas en solitario no último pleno municipal, son “irreais, falsos e están elaborados sen consenso e diálogo coa oposición”.

A popular denuncia que nas contas deste ano o Goberno local inclúe máis de 200.000 euros de ingresos polo desenvolvemento do polígono da Ran, o que “é absolutamente imposible porque nin está asinado ese famoso convenio que anunciou hai uns meses nos medios, nin hai un só trámite nin ningún expediente iniciado para as expropiacións, urbanizacións e demais obras necesarias para ter o polígono. E cos prazos que fixa a Lei, todo isto levará anos. E a partir de aí, as empresas interesadas poderán comprar solo industrial, facer proxectos e pedir licencias, e só nese momento, é cando o concello pode ingresar o primeiro céntimo, pero non será nin este ano nin no próximo”.

Así pois, e tendo en conta que non haberá polígono industrial nos anos próximos, os ingresos que inclúen no orzamento deste ano son “ficticios e falseados, imposibles de recadar”. Por iso desde o PP se esixiu “modificar o documento e corrixir os erros graves que contiña”, pero o partido socialista “nin dou unha soa explicación e moito menos corrixir nada, mostrando unha actitude autoritaria, arrogante e nada negociadora”.

Ademais de que o Concello de Cuntis vai ingresar menos cartos do que prevé no documento, sinalan os populares que tampouco se reserva nin un só céntimo para pagar as débedas que ten cos provedores, moitos deles locais, e que a día de hoxe superan o millón de euros.

Tampouco se incluíu ningunha proposta nin aportación do Partido Popular, como asegurou o Alcalde, “polo que esa imaxe negociadora e colaborado que pretende vender é totalmente falsa”. Neste senso, Isabel Couselo explica que entre as iniciativas do PP incluíanse, entre outras, a mellora integral da contorna do colexio ou que ademais das subvencións á asociación de comerciantes de Cuntis tamén se incluísen axudas para o resto de comecios, hostalaría, sector servizos, etc, “pero non se atendeu ningunha das nosas propostas”.

Polo tanto, para os populares, que o alcalde diga que se trata con respecto ós demais grupos políticos e se negocia cos eles e se teñen en conta as súas aportacións “son verbas que quedan moi ben, pero os feitos falan por si mesmos e demostran xustamente o contrario”. Así, recordan os primeiros plenos nos que o alcalde se inventou artigos da lei para impedir falar a Isabel Couselo, ou mesmo este xoves no que pretendía que non fixese preguntas de xeito oral. “Evidentemente a razón destes ataques e abusos é sempre a mesma: non querer que os veciños escoiten as irregularidades de contratación, gastos innecesarios, prezos desproporcionados e tantas outras”, denuncia.

Relacionadas

Os maios vestirán O Porriño esta fin de semana

0
Os grupos de música tradicional das asociacións culturais e veciñais amenizarán a festa o sábado pola tarde O Porriño dá a benvida á primavera coa...

A concellería de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Baiona organiza un...

0
O próximo 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano se dedican a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), unha destacada...

A primeira xuntanza entre Manu Lourenzo e Luís López avanza proxectos para Soutomaior ...

0
O proxecto de humanización da praza da aldea, presentado polo concello de Soutomaior por valor de 170.000 euros,  aprobarase na xunta de goberno de...

Redondela convida aos clubs deportivos a deseñar unha campaña contra a violencia de xénero...

0
- As concellerías de Deportes e Igualdade convidan aos clubs a propoñer un lema respondendo á pregunta “E ti, por que loitas?” dentro do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Francisco Castro en concerto en Mos para celebrar as Letras Galegas

0
Acompañado da Banda dos Borges, músicos de gran traxectoria e recoñecemento, ofrecerá un repertorio de cancións en galego da súa autoría, fusión musical entre...

Publicacións Relacionadas