Home A Coruña Sete empresas optan á obra de acondicionamento do albergue de peregrinos de...

Sete empresas optan á obra de acondicionamento do albergue de peregrinos de Ferrol

- Anuncio -

― A cidade contará este ano co seu primeiro albergue de peregrinos no que o Goberno galego investirá 467.000 euros

― A nova infraestrutura contará con 60 prazas destinada a acoller aos peregrinos do Camiño Inglés, a terceira ruta xacobea máis transitada e unha das que máis está a medrar

Un total de 7 empresas optaron ao proxecto das obras de melloras do albergue de peregrinos de Ferrol, que conta cun investimento por parte do Goberno galego de 467.000 euros e cun prazo de duración de 6 meses.

O proxecto de reforma na antiga Hospedaría situada no último andar da Casa do Mar, no porto de Ferrol, permitirá que a cidade conte cun albergue de 60 prazas -unha delas adaptadas- para o aloxamento dos peregrinos do Camiño Inglés. De feito, situarase nun dos puntos de saída desta ruta xacobea, a terceira máis transitada e que nos últimos anos máis está a medrar.

O novo albergue sumarase aos 6 cos que conta a rede pública nesta ruta, onde ademais deste novo edificio en Ferrol estaría previsto outro na Coruña, sempre que o Concello ceda a parcela e conceda os permisos. Unha vez inaugurados os novos albergues de Vigo, A Gudiña e Sobrado dos Monxes, rematarán as obras dos de Oseira, O Saviñao e Vilasantar. Ademais, a Xunta investirá outros 1,1 millóns de euros para construír un novo edificio para acoller aos peregrinos que pasen por Piñor e 262.000 euros no de Riós. Estas actuacións permitirán ampliar a rede pública de albergues ao longo do Xacobeo ata as 78 infraestruturas.

Galicia conta con máis de 4.200 prazas públicas na rede pública de albergues que se distribúen ao longo de 1.500 quilómetros polos que discorren as rutas do Camiño de Santiago e que dispoñen de todos os protocolos ante a covid-19. Ademais, a Xunta habilitou unha liña de axudas para adquirir material de protección para os establecementos turísticos, na que se incluíu tamén aos albergues privados.

O Goberno galego segue coa premisa de consolidar unha oferta turística de calidade que sexa a marca de referencia e diferenciación de Galicia como destino turístico seguro, polo que a Xunta leva tempo traballando arreo para aproveitar ao máximo esta oportunidade histórica de ter un Xacobeo que se estende ata 2022. Dende acondicionar as instalacións e ampliar a rede de albergues públicos, mellorar os contornos e, sobre todo e coa chegada da crise sanitaria, en ser un destino seguro.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas