Home A Coruña A Xuna inviste máis de 107.000 euros en obras preventivas en Mazaricos,...

A Xuna inviste máis de 107.000 euros en obras preventivas en Mazaricos, Muros e Carnota para reforzar e anticipación aos incendios forestais

- Anuncio -

― Estas actuacións no territorio do distrito forestal V Fisterra consistiron en limpezas de restos, rozas, podas ou clareos en zonas declaradas de alto risco de rexistrar lumes

― Enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que contou cun orzamento de case 30 millóns de euros no ano 2021 para actuar en máis de 58.000 hectáreas nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación

A Consellería do Medio Rural vén de realizar diversas obras preventivas no distrito forestal V Fisterra, cun orzamento superior aos 107.000 euros. As actuacións concentráronse nos concellos de Mazaricos, Muros e Carnota.

Así, en Mazaricos e Muros levouse a cabo roza mecanizada de faixas auxiliares, roza manual, poda, clareo en masas arbóreas de distintas densidades, así como a recollida e posterior eliminación de restos forestais, para avanzar na anticipación aos incendios forestais. Estes traballos realizáronse nos montes de Aro de Serráns, Ruña de Colúns e Cotro e Canle de Penedo, no municipio de Mazaricos, mentres en Muros se actuou nos montes de Pedregal, Bolantón e Tal. Cun investimento total de 29.115 euros, cómpre sinalar que todas as accións se localizaron en zonas de alto risco de incendio (ZAR).

Tamén se concentraron en zonas de alto risco de rexistrar lumes os labores executados na localidade de Carnota, por un importe global de 78.792 euros. Rexistráronse, concretamente, nas parroquias de San Mamede, Santa Comba de Carnota e Monte Pindo, neste último caso, nun espazo natural protexido. As obras consistiron en roza mecanizada en faixas auxiliares en ambas marxes e ao longo das vías de comunicación en áreas forestais, roza manual, podas e clareo de masas arboradas e posterior recollida e eliminación dos residuos forestais resultantes.

Todas estas obras enmárcanse no Plan de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural, que no ano 2021 contou cun orzamento de case 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de territorio e nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación. O obxectivo final destas accións preventivas é evitar que o lume se produza, e en caso de producirse, limitar ao máximo a súa propagación e minimizar os danos causados.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas