Home A Paradanta A Cañiza O Concello de A Cañiza e a Asociación Érguete traballan hábitos de...

O Concello de A Cañiza e a Asociación Érguete traballan hábitos de vida saudables co alumnado do IES A Cañiza

- Anuncio -

O Concello e a entidade promoven este innovador programa para promover na mocidade habitos de vida saudables e previr condutas de risco

O Concello da Cañiza e a Asociación Érguete puxeron en marcha un programa: ODISEA para prevención de prtacticas de risco relacionada cos consumos co alumnado de Formación Profesional Básica do municipio. Persoal experto do Equipo de Prevención da Asociacion Érguete o IES de A Cañiza durante os meses de xaneiro e febreiro para ofrecer ao alumnado ferramentas para previr o consumos e traballar o desenvolvemento integral dende a prespectiva do autocoidado emocional e da saude física, e tamén ,para dar resposta súas dúbidas sobre o tema do benestar persoal.

A actividade encádrase nas accións que a entidade local desenvolve en torno ó coidado integral das persoal de cara a previr conductas de risco que influan na conduta, e en modos de comportamento desencadenantes da violencia, en concreto aqueles comportamentos que poden influir en formas de compartamentos desigualitarios por cuestions de xénero ou entre iguais. Coa actividade preténdese crear un espazo de reflexión no que o persoal da nosa Asociación Erguete ofreceu a mocidade un lugar onde aprender e preguntar sobre as adiccións modelos de hábitos de vida saudable”, ferramentas a hora de tomar decisions de modo axeitado e que, nas súas palabras, “é moi importante para previr estas condutas entre os mozos e mozas”.

A responsable da Oficina Técnica de Prevención da Asociación Érguete, Laura Durán, explica que durante as charlas co alumnado “analizamos a incidencia do consumo na mocidade, identificamos e reflexionamos sobre os patróns de consumo segundo o sexo e os roles de xénero, tamén sobre a percepción de risco dos e das menores respecto ás condutas adictivas, ao tempo que identificamos emocións e condutas de risco para analizar as consecuencias do consumo na adolescencia”.

Durán destaca que con este programa “creamos un espazo de reflexión no que promocionar hábitos de vida saudables na adolescencia”, e agradece ao Concello de Cañiza a súa aposta por previr as condutas adictivas.

A actividade está financiada polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas