Home Deputacións Deputación Pontevedra Gondomar acolle a obra de teatro "O Péndulo" sobre a historia do...

Gondomar acolle a obra de teatro “O Péndulo” sobre a historia do fusilado Tirso Gómez e a única alcaldesa galega da II República

- Anuncio -

A representación inclúese no ciclo de teatro ‘Barracas’ do departamento de Memoria Histórica da Deputación

Será este venres 25 ás 21 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío con entrada de balde e sen reserva previa

Gondomar vai acoller este venres a obra de teatro ‘O Péndulo’ da compañía Inversa Teatro sobre a historia do fusilado Tirso Gómez e a única alcaldesa galega na II República. Trátase dunha representación incluída no ciclo de teatro ‘Barracas’ posto en marcha polo departamento de Memoria Histórica da Deputación que tamén levará á escena outras obras relacionadas co golpe de Estado do 36, a ditadura e a represión franquista noutras localidades como Vilagarcía, Moaña, Silleda, Tomiño ou O Grove.

A deputada de Memoria María Ortega explica que coa programación de todo o ciclo teatral a Deputación pretende dous obxectivos: garantir que as compañías do país conten con respaldo económico que as anime a proxectar textos referentes á memoria e espallar entre a cidadanía a memoria con perspectiva de país, xénero e clase.

‘O Péndulo’ representarase este venres, xusto dous días antes da celebración do Día Mundial do Teatro, ás 21 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío con entrada de balde e sen reserva previa. Trátase dunha obra de teatro-documento que mostra como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia a través dun achegamento á historia colectiva desde o persoal, xa que a co-dramaturga e actriz Marta Pérez fala da experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente en A Cañiza.

Membro do Partido Socialista, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila, Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Xusto Moure, Jesús Pérez e Antonio Mouteira. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Xunto con eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e acabou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.
A propia Marta Pérez destacou na presentación da peza que é o “proxecto máis especial do que levo desenvolvido ata agora porque falo dende a memoria histórica pero tamén dende o persoal. (…) A obra é ‘O péndulo’ porque eu estou constantemente buscando que facer, que dicir, e vendo ata onde podo chegar. Intentarei facela co máximo cariño e respecto, non só pola miña familia, senón polo resto das familias implicadas e coas que teño contacto”.

Ademais de participar como dramaturga e actriz, “debido á carga emocional que supón para min”, Pérez precisou de axuda na coescrita de Ernesto Eis e na dirección Carlos Álvarez Osorio, En escena están tamén Rosa Puga Davila e Nerea Brey.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas