Home A Coruña PP e PSOE aproban unha declaración conxunta contra a invasión rusa de...

PP e PSOE aproban unha declaración conxunta contra a invasión rusa de Ucraína

- Anuncio -

O BNG vota en contra da declaración institucional despois de que PP e PSOE aceptaran retirar as referencias á OTAN pero non eliminar o “respecto aos dereitos consagrados na Constitución Europea”

O Concello de Lousame celebrou na noite de venres unha sesión atípica, a primeira non presidida pola alcaldesa Teresa Villaverde quen por razón persoais tivo que delegar no primeiro tenente de alcaldesa Ramón Martínez. Así, a parte resolutiva foi aprobada por unanimidade e sen debate, na que se incluían dous recoñecementos extraxudiciais de crédito para o pago de facturas e a prescición de obrigas recoñecidas (facturas que non foron reclamadas no seu momento ou presentadas con defectos que a empresa correspondente non subsanou ata a súa prescición).

O debate xurdiu na quenda de mocións. Ramón Martínez deu lectura ao que pretendía ser unha declaracións institucional do Concello de Lousame contra a guerra da Ucraína. Nela se establecía que “o Concello de Lousame condena a agresión rusa” e móstrase “a favor da resolución pacífica do conflito”. Así mesmo, o Concello de Lousame “reclama a fin das hostilidades e o retorno á negociación e á diplomacia”.

Por outra banda, a declaración declaraba a “solidariedade coas vítimas e o apoio ás entidades que defenden os dereitos humanos”. Ademais, recollía o apoio á OTAN e á UE á hora de impoñer sancións que logren chegar ao final do conflito e manifestaba o compromiso do Concello de Lousame “cos principios democráticos e de protección dos dereitos fundamentais recollidos na Constitución Europea”.

Emenda á totalidade

Estes dous últimos puntos motivaron unha emenda á totalidade do concelleiro do BNG, Anxo Moledo, quen asegurou “no verse reflectido” no texto, criticou que “se nos intente impoñer a OTAN” e considerou que nesta cuestión “se está manipulando a figura do BNG”. Así, Moledo asegurou que “o BNG defende o non á guerra, o non a todas as guerras” pero que “no podemos estar a favor da OTAN, brazo armado dos EEUU en Europa”. Así mesmo, asegurou que “EEUU é quen provoca a guerra” e presentou unha proposta de acordo que, segundo afirmou, fora aprobada na Deputación da Coruña horas antes.

Tras unha parada para ler e analizar a moción proposta, Ramón Martínez aceptou retirar calquera mención á OTAN pero negouse a aceptar a referencia á Constitución Europea. “Todos somos antimilitaristas e ogallá non fixeran falta os exércitos. Pero a declaración vai en contra dunha invasión, a que fixo Rusia dun territorio que non era dela”, apuntou Martínez quen insistiu en defender a Constitución Europea.

Diante das críticas do BNG aos grupos de PP e PSOE de non aceptar a súa proposta, a voceira do PSOE, Beatriz González Bargo, defendeu que “temos posturas distintas” e lamentou “o egocentrismo do BNG. É unha declaración institucional e pide que quitemos o da OTAN. Facémolo pero sigue cunha postura simple e egocentrista, pois vostede non está disposto a negociar nada”.

Call of duty

O voceiro do BNG insistiu en que “isto é unha guerra entre EEUU e Rusia. O damnificado é Ucraína”. Unha defensa de Rusia que motivou unha pregunta irónica por parte da voceira socialista: “será entón que Putin anda xogando ao Call of Duty?”.

Despois dun novo chamamento ao consenso por parte de Ramón Martínez, a negativa do BNG a alterar a súa emenda á totalidade fixo que esta fose rexeitada cos votos en contra de PP e PSOE fronte ao único voto a favor do BNG. A votación do texto orixinal, coa retirada da mención á OTAN, foi aprobado cos votos do PP e PSOE e o voto en contra do BNG.

As dúas mocións presentadas por urxencia polo BNG foron adiadas para o seu debate nunha vindeira sesión plenaria.

Relacionadas

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

O Concello da Pobra emite informe desfavorable á declaración de interese autonómico para o...

0
A solicitude de declaración de interese autonómica para o proxecto de ampliación de Escurís S.L. formulada pola corporación Jealsa tradúcese nun informe desfavorable por...

O alcalde e a deputada provincial de infraestructuras viarias analizan na Laracha as actuacións...

0
O rexedor trasladoulle a plena disposición de colaborar entre administracións para beneficio xeral da cidadanía. A deputada provincial responsable das áreas de Infraestruturas Viarias e...

O concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal

0
Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal. O Concello presenta a programación municipal que se vai realizar...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Publicacións Relacionadas