Home Pontevedra Un milleiro de rapaces e maiores ateigaron a Alameda Castelao na xornada...

Un milleiro de rapaces e maiores ateigaron a Alameda Castelao na xornada de “Lectura na rúa”

- Anuncio -

A Alameda Castelao acolleu esta mañá a IV edición de “Lectura na rúa”, unha actividade xurdiu desde o CEP Santa Mariña “para fomentar a lectura compartindo a maxia dos libros e da música, nunha contorna atractiva e diferente, rodeados de toda a comunidade educativa, así coma da veciñanza da vila”.

Esta proposta non deixou de medrar, e foron ao redor dun milleiro de persoas as que participaron na edición celebrada esta mañá, organizada polo CEP Santa Mariña xunto co Concello de Redondela, e coa colaboración da Biblioteca Municipal e a ANPA Ernestina Otero. Neste acto participaron todos os centros educativos de Educación Infantil, Primaria e IES de Redondela, ademais dos 5 centros de día do municipio.

O evento contou cun intercambio de marcadores de libros, lectura compartida, desfile de contos, cancións, bailes e a actuación de “Barafunda”, que fixo as delicias de todo o público. O concelleiro de Ensino, Iván Valles, valorou a iniciativa como “todo un éxito”  e agradeceu ao CEP Santa Mariña e o resto de centros a súa implicación. A alcaldesa, Digna Rivas, afirma que desde o Concello “estaremos sempre apoiando iniciativas como esta, na que a cidadanía, tanto a infancia como os maiores, son protagonistas”.

Relacionadas

A Deputación convoca un concurso escolar para animar aos mozos a participar no deseño...

0
“Deseña a túa provincia con Minecraft”, “Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana” e “Caderno da Axenda Urbana” están dirixidos ao alumnado de educación primaria,...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, na inauguración do Congreso Flúor

0
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, acaba de participar na inauguración do Congreso Flúor, no que o publicista Lluis Bassat encargouse de pronunciar a...

O Concello de Nigrán prepara un dispositivo especial de San Xoan que prohibirá e...

0
O CONCELLO DE NIGRÁN PREPARA UN DISPOSITIVO ESPECIAL DE SAN XOAN QUE PROHIBIRÁ E SANCIONARÁ FACER BURATOS NA PRAIA Policía Local, Protección Civil e Garda...

Luis López reafirma o compromiso da Deputación para mellorar a estrada entre Amoedo e...

0
O presidente provincial mantén unha reunión de traballo co rexedor Luciano Otero, na que lle avanzou da aprobación dunha subvención de 122.000 euros do...

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Publicacións Relacionadas