Home O Salnés Cambados Gastos do Nadal

Gastos do Nadal

- Anuncio -

Nas actividades de Nadal de 2021, o Goberno municipal de Cambados gastou, que saibamos de momento, 116.972,24 €. Dado que tende a pagar facturas de actividades de hai máis dun ano, non descartamos que esta cifra medre.

A maior partida foi a Aldea do Nadal; ascendeu a 56.120,40 €. Anque inicialmente se promocionara como unha actividade que apenas supoñía un cargo ás arcas municipais, nesta edición foi encargada a unha empresa, contratada, ademáis, sen concurso público.

Na pista de xeo e actividades de Torrado gastaron 22.145,90 €; descoñecemos canto se recuperou, porque, anque pedimos coñecer a recadación, o Goberno negouse a facer público ese importe. En propaganda e publicidade si
sabemos que gastaron, só nesa campaña, 7.439,44 €.

Do mesmo xeito, este ano o Goberno privatizou a coordinación de actividades de Nadal, por importe de 5.711,20 €. Non acabamos de comprender por que paga a unha empresa externa por exercer unha labor que, ata agora, viñan realizando empregados municipais.

Estes gastos en propaganda e actividades pasivas contrastan coa supresión das ludotecas, de actividades participativas orientadas á infancia en todo o Concello, e a de todas as actividades nas parroquias.

As ludotecas, sobre todo durante as vacacións escolares, son básicas para a socialización e fomento da creatividade dos nenos e nenas, e a conciliación familiar. Certamente son menos vistosas que unha pista de xeo ou unha aldea de case 60.000 €. Pero, a diferenza das anteriores, si ten unha repercusión real no día a día das familias con nenos ao seu cargo. Para moitos pais e nais, son a única forma de compatibilizar os seus empregos ou ocupacións e o coidado dos seus nenos durante os periodos vacacionais.

Desde o BNG defendemos un modelo no que se prioricen as necesidades das familias traballadoras sobre a propaganda, e o importante sobre o chamativo.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas