Home Pontevedra O Salnés Presentación en Vilagarcía de Unha etapa estelar e conflitiva do reino de...

Presentación en Vilagarcía de Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza

- Anuncio -

O Seminario 2 do Auditorio de Vilagarcía acolleu na tarde de onte a presentación do último libro de Francisco Rodríguez.

Trátase do volume I dunha obra que, ao longo de 544 páxinas e nunha coidadísima edición, percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza, e a crise da segunda metade do século XIV. O seu título: Unha etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza (a segunda metade do século XIV). Tomo I A relevancia do reino medieval galego, editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración da Fundación Galiza Sempre.

Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia, aspecto no que a entidade editora conta con experiencia dabondo.

Este Tomo I que agora ve a luz céntrase en evidenciar a relevancia incuestionábel do reino de Galiza analizando, debatendo e tirando conclusións tanto desde a historiografía oficial e académica como desde as fontes documentais existentes. E, naturalmente, tomando en consideración a importante, e desconsiderada, historiografía que se ten esforzado, xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península, favorecendo así a construción dunha visión histórica ao servizo do castelanismo, primeiro, e do españolismo, despois.

A análise dese momento estelar e conflitivo que se anuncia no título, cuxo desenlace tivo transcendencia para o noso futuro, é obxecto de estudo no Tomo II, xa en preparación e que verá a luz nos comezos do mes de xullo.

Na presentación, o autor estivo arroupado polo activista cultural, Xosé Castro Ratón e a deputada do BNG no Parlamento Galego e membro do Padroado da Fundación Galiza Sempre, Montse Prado.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas