Home Pontevedra Caldas Cela dá a benvida aos 10 traballadores que contrata o Concello durante...

Cela dá a benvida aos 10 traballadores que contrata o Concello durante 6 meses para mantemento dos servizos públicos

- Anuncio -

O alcalde de Moraña, José Cela, recibiu esta mañá aos dez novos traballadores que durante
seis meses se unirán ao Concello de Moraña a xornada completa para levar a cabo distintos
traballos de mantemento.

Son dous conductores de camión, un albanel, 5 peóns forestais, un transportista e un
monitor de servizos á comunidade. Cela quixo darlles a benvida a Moraña, “onde espero que
poidades ter unha experiencia profesional moi enriquecedora, que vos axude a mellorar no
desempeño da vosa profesión e vos poida abrir oportunidades futuras”.

Cela afirma que desde o Concello “somos moi conscientes das necesidades laborais que hai
actualmente na sociedade e nós, como Administración, temos que ser proactivos e procurar
crear opcións de empregabilidade, postos de traballo aínda que sexan durante un tempo
acotado, no que as persoas poidan gañar experiencia e mellorar o seu perfil profesional”.
No caso dos dez traballadores que se incorporaron hoxe, estarán seis meses contratados a
xornada completa e permitirán, en palabras do alcalde, “que aínda melloremos máis a
prestación de servizos públicos”.

A contratación destas persoas fíxose con cargo ao Plan Concellos 2022 e como requisito
indispensable estaba que os posibles contratados estivesen dados de alta no Servizo
Público de Emprego de Galicia, co cal “démoslle unha oportunidade a dez persoas que
estaban en busca activa de emprego e que agora poderán ter uns ingresos estables durante
medio ano”.

Mellorar o emprego, obxectivo final do Goberno local
E é que tal e como lles trasladou Cela aos novos traballadores, o obxectivo que persegue o
Goberno local na súa xestión é o de potenciar a empregabilidade e fomentar que persoas de
Morañ ou de fóra dela poidan desenvolver o seu proxecto vital nesta vila, favorecendo a súa
inclusión laboral.

Neste sentido, o Concello tamén ten aberto o proceso de selección para candidatos á libre
oposición dunha praza de administrativo. “Despois de moitos anos, puidemos ampliar unha
praza nova e xerar así un posto de traballo máis, que tamén redundará nunha xestión máis
óptima a nivel municipal”, rematou Cela.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas