Home Pontevedra Caldas O Concello proxecta unha mellora da mobilidade na Rúa Doutor Batallán

O Concello proxecta unha mellora da mobilidade na Rúa Doutor Batallán

- Anuncio -

O alcalde, José Cela, explica que se encargou un proxecto para renovar e ampliar as
beirarrúas, crear pasos de peóns elevados e instalar un redutor da velocidade. Solicitouse
unha subvención á Deputación de Pontevedra para cofinanciar a actuación, que ascende a
máis de 207.000 euros.

A Rúa Doutor Batallán cambiará a súa estética e a súa mobilidade. O alcalde, José Cela,
anunciou esta mañá que o Concello encargou a elaboración dun proxecto para humanizar
esta céntrica rúa, mellorando sobre todo as súas beirarrúas e gañando novos espazos para
o tránsito peonil.


A actuación prantéxase para os dous marxes da rúa, desde o cruce co edificio do Concello
ata chegar ao final do chan urbano, en dirección ao núcleo rural de O Covelo. O que
prantexa o proxecto é renovar ambas beirarrúas e amplialas lixeiramente, ademais de crear
unha plataforma única no tramo próximo ao cruce coa Rúa 1.


Ademais, colocaranse pasos de peóns elevados no pavimento para dar continuidade a ese
ancheamento das beirarrúas e colocarase un badén redutor de velocidade para calmar o
tráfico que une Moraña con Caldas.


“O que pretendemos con este proxecto é mellorar a mobilidade urbana do noso centro. Xa
temos varias obras pendentes que suporán un cambio sustancial aquí en Santa Lucía, como
a humanización da Rúa 7 ou a remodelación da Rúa 6, xunto ao Multiusos”, explicou o
alcalde. “O que facemos agora é continuar con esta batería de proxectos urbanísticos
importantes para Moraña, dotando a Doutor Batallán de mellor mobilidade e accesibilidade,
eliminando barreiras arquitectónicas”, explica.


Cela explica que se lle solicitou unha subvención á Deputación de Pontevedra, a través do
Plan Concellos, para poder facer fronte á inversión prevista para esta actuación, que
ascende a 207.014 euros (IVE incluído) para a súa licitación. O Concello complementará esa
inversión cunha partida propia cercana aos 40.000 euros.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas