Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó goberno municipal á...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo insta ó goberno municipal á mellorar a seguridade, colocación de nova sinalización vertical e luminosa e pasos de peóns na estrada entre Carballiño e Lalín o seu paso polo Irixo

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo INSTA Ó GOBERNO MUNICIPAL Á MELLORAR A SEGURIDADE, COLOCACIÓN DE NOVA SINALIZACIÓN VERTICAL E LUMINOSA E PASOS DE PEÓNS NA ESTRADA ENTRE CARBALLIÑO E LALÍN O SEU PASO POLO IRIXO.

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha MOCIÓN PARA Á MELLORAR A SEGURIDADE, COLOCACIÓN DE NOVA SINALIZACIÓN VERTICAL E LUMINOSA E PASOS DE PEÓNS NA ESTRADA ENTRE CARBALLIÑO E LALÍN O SEU PASO POLO IRIXO.

PRIMEIRO.- Que a estrada OU902 e a principal vía de comunicación do noso concello co Carballiño e Lalín. Unha estrada que comunica O Carballiño con Lalín pasando polo noso concello con extensos tramos rectos que a pesar das seus límites de velocidade non sempre se respetan.

SEGUNDO.- Que son varios os pobos que atravesa esta estrada; Pedriña, Guimarás, Coucieiro, Bugalleira, Dadin, As laxas, Abanico ou Baxin e Campinas, algún coincidindo con curvas e outros con prolongadas rectas que en ocasións invitan a velocidade a pesar da limitacións da vía.

TERCEIRO.- Que a actual sinalización pasa desapercibida en moitas ocasións para os condutores que habitualmente circulan por esa vía e atravesan o noso concello debido a súa familiaridade, as veces por imprudencia pero moitas outras por despistes que fan que non se respecten os límites de velocidade que poñen en risco o resto de condutores e a veciñanza que habita nos núcleos de poboación que atravesa esta estrada no Irixo.

CUARTO.- Que e preciso reforzar a seguridade non so dos conductores, seno tamén da veciñanza que reside nos pobos e lugares que atravesa esta estrada coa colocación de novos pasos de peóns sinalizados.

Que o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal instando ó Concello a:

1º.- Que o Concello de O Irixo solicite da administración responsable da OU902, estrada entre Carballiño e Lalín o seu paso polo Irixo, Xunta de Galicia de ser o caso, MELLORAR A SEGURIDADE COA COLOCACIÓN DE NOVA SINALIZACIÓN VERTICAL E LUMINOSA que recorde os límites de velocidade, e/ou calquera outro indicador, sinalización ou actuación encamiñada a garantir que se respeten os límites de velocidade o seu paso polo Irixo e mais concretamente nos pobos da Pedriña, Guimarás, Coucieiro, Bugalleira, Dadin, As laxas, Abanico ou Baxin e Campinas.

2º.- Q ue se coloquen novos pasos de peóns e se sinalicen vertical e luminosamente o seu paso da OU902 polos pobos do Irixo.

3º.- Que se faga un estudio para reforzar a sinalización en toda a rede viaria no termo municipal do noso concello de O Irixo.

Relacionadas

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

Publicacións Relacionadas