Home Ourense Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a Lugo e Ponferrada, comezando co tramo Ourense-Chantada

- Anuncio -

Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a comisión de infraestruturas e PXOM da Confederación Empresarial de Ourense. O alcalde trasladoulles o ”total apoio” do goberno municipal ás súas reivindicacións de melloras de infraestruturas periféricas na cidade e na provincia de Ourense, entre as que coincidiron en destacar a demanda das autovías que comunicarán a cidade de Ourense con Lugo e Ponferrada, comezando coa execución “urxente” do tramo entre Ourense e Chantada, que comparten as dúas.

Ao remate do encontro, Gonzalo Jácome explicou que “recibimos a Confederación Empresarial de Ourense para falar de infraestruturas periféricas, e desde o Concello apoiamos o 100% das demandas que fan. Entendemos que Ourense é unha terra discriminada e demandámoslles á Xunta de Galicia e ao estado español todas as infraestruturas que realmente son claves para o noso desenvolvemento e o para o noso día a día”. Con esta finalidade, o alcalde avanzou o compromiso do goberno municipal de apoiar estas reivindicacións, de promover mocións plenarias ou declaracións institucionais no seu apoio, como tamén de incorporarse a plataformas que persigan estes obxectivos: “A iniciativa que fan é perfecta; é o que Ourense necesita: reclamar e unirse para iso”, concluíu o rexedor.

Entre as diferentes obras necesarias, alcalde e CEO coincidiron en resaltar a necesidade de executar as autovías que comunicarán a cidade con Lugo e con Ponferrada. O alcalde reclamou do goberno do Estado a realización destas obras e que “se non poden facer todo, que fagan xa o máis urxente”, coa posta en servizo dun  tramo “digno” entre Chantada e Ourense, que tería unha grande “rendibilidade social”, subliñando que “o necesitamos como auga de maio”, xa que a entrada actual á cidade “está mais preto do século XIX ca do século XXI”

Pola súa banda, o presidente da Comisión de Infraestruturas da CEO, Lisardo González, explicou que “lle solicitamos o apoio do alcalde do Concello de Ourense para que se leven a cabo dúas infraestruturas que son vitais para a cidade, como son a A-56 (Ourense-Lugo) e a A-76 (Ourense-Ponferrada)”, das que ambas teñen un tramo común: Chantada Ourense. Neste senso, expresou a demanda de que “o ministerio faga o esforzo correspondente para levalo a cabo xa, porque o acceso a Ourense pola parte norte é penoso, está limitado en 15 km. desde a cidade e desde Gustey temos un só carril de acceso”. A comisión trasladará tamén as demais administracións a súas reivindicacións e agarda “apoio de todos” para reactivar un proxecto que “a día de hoxe está absolutamente paralizado”.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas