Home Deputacións Deputación Ourense O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos do sector primario

- Anuncio -

Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que impulsará producións sostibles de alto valor engadido

A rehabilitación deste edificio -a antiga estación de tren de Cantoña- de titularidade pública e cedido polo ADIF durante 25 anos, máis a dotación de equipamento e formación suporá un investimento superior aos 700.000 euros

O centro contará cun espazo interior adaptado a tres diferentes liñas de produción, entre as que se atopan unha especializada en transformación de froitas e conservas vexetais, e outra de envasado do mel e produtos derivados das colmeas

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, visitou hoxe as obras de rehabilitación que se están a acometer na antiga estación de tren de Cantoña, para ser reconvertida nun centro de transformación de produtos do sector primario. 

“Con este proxecto, ao tempo que se revitaliza o patrimonio público en desuso, xeramos unha nova fonte de oportunidades para o territorio e de solucións para os produtores cos que estamos en contacto para obter a máxima eficiencia posible deste centro”, explicou Menor.

A rehabilitación deste edificio, construído no último cuarto de século XIX, de titularidade pública e cedido polo ADIF durante 25 anos, supón un investimento de ao redor de 400.000 euros que son sufragados con fondos propios provinciais. Para o seu deseño, equipamento e accións de formación, contarase co financiamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, cunha axuda que sumada á achega do Inorde acada preto de 329.079 euros. O investimento total para a posta en marcha deste proxecto ascenderá aos 700.000 euros.

O presidente provincial aproveitou para agradecer o “excelente traballo” que está a realizar todo o equipo para poder levar a cabo “un proxecto emblemático e a imitar, que dinamizará estas comarcas -representadas hoxe polos seus respectivos alcaldes-, xerando oportunidades tanto á veciñanza interesada no emprendemento agroalimentario, como a persoas que busquen xerar unha segunda actividade económica”.

Pola súa parte, o alcalde de Paderne de Allariz agradeceu a aposta da Deputación de Ourense polo sector primario “facendo realidade este centro despois dun longo proceso de moitos anos”. Mostrou tamén a súa satisfacción pola “gran acollida e interese que está a suscitar entre a xente moza que vén ás reunións de traballo con moitas propostas”.

Traballo colaborativo

Este centro enmárcase na estratexia provincial de impulso a producións sostibles de alto valor engadido que se está a levar a cabo a Deputación de Ourense a través do Inorde. O centro contará cun espazo interior adaptado a tres diferentes liñas de produción, entre as que se atopan unha especializada en transformación de froitas e conservas vexetais, e outra de envasado do mel e produtos derivados das colmeas. Tamén dispoñerá dunha sala de formación, así como unha oficina administrativa destinada á Mancomunidade Voluntaria de Municipios de Ourense.

Para o deseño deste centro realizáronse xa varios encontros de traballo cos potenciais usuarios do mesmo, co obxecto de recoller as súas necesidades na configuración das liñas de produción, rexistrando un alto grao de participación.

Relacionadas

Luis López defende o uso do galego como vehículo de unión, identificación e defensa...

0
O vestíbulo do Pazo provincial foi escenario dun recital de poemas e textos de Luisa Villalta como homenaxe á autora á que se lle...

Luisa Sánchez asiste ao adestramento final da temporada do Amfiv e pon en valor...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá ao adestramento final da temporada do Amfiv no Pavillón de Deportes do Berbés...

A Deputación aconsella renovar o antes posible a protección contra o mildio e o...

0
O persoal de Areeiro detectou a aparición de abundantes manchas novas de mildio e as primeiras zonas de avances en manchas antigas con tecido...

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

Publicacións Relacionadas