Home Pontevedra Bases para a selección de operarios interinos

Bases para a selección de operarios interinos

- Anuncio -

O concello de Salceda creará unha Bolsa de Traballo de Operario/a, cuxo fin é a substitución de vacantes, ausencias ou enfermidades ou outras circunstancias temporais (programa específicos, ou acumulacións de tarefas) en réxime funcionarial.

As funcións que deberán exercer as persoas que resulten seleccionadas na Bolsa de Emprego serán as propias do seu nivel ou categoría laboral e especialidade convocada, establecéndose da Relación de Postos de Traballo do Concello de Salceda de Caselas as seguintes:
• Tarefas de mantemento e conservación (albanelería, mecánica, pintura, xardinería) das instalación municipais e mobiliario público.
• Bacheado de camiños.
• Reformas e pequenas construción municipais.
• Desbroce e limpeza de vías e espazos públicos.
• Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integre.

Os servizos prestaranse en función das necesidades que se queiran cubrir e dependendo da organización e funcionamento da área de urbanismo e obras, área que ten encomendada a conservación do municipio nas súas diferentes vertentes como recollida de lixo, limpeza viaria, etc. así coma a realización de obras diversas (electricidade, albanelería, fontanería, etc.)

As presentes bases estarán expostas ao público, no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica municipal (https://salcedadecaselas.sedelectronica.gal/board//) durante o prazo sinalado para a presentación de instancias, publicando un anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar presentando a instancia dirixida á Alcaldía do Concello de Salceda de Caselas, que deberá ser entregada no Rexistro de Xeral de Entrada do Concello de Salceda de no prazo de dez (10) días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no boletín oficial da provincia (07/04/2022) e en horario de atención ao público.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas